DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 9 de outubro de 2025 Páx. 53145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de setembro de 2025, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica o trámite de audiencia ao non se poderen efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra de mellora da capacidade e seguridade da AC-862, treito AG-64-Ponte Mera, punto quilométrico 37+240-40+500, clave AC/18/014.10.2, Ortigueira.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio das persoas titulares, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o trámite de audiencia efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra de mellora da capacidade e seguridade da AC-862, treito AG-64-Ponte Mera, p.k. 37+240-40+500, clave AC/18/014.10.2, no concello de Ortigueira.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 18 de setembro de 2025

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Clave da obra

Predio

Referencia catastral

Persoa interesada

AC/18/014.10.2

57

15062A07900456

32558778R