Cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude do indicado no seu artigo 70.13, dar publicidade ás resolucións, que poñen fin á vía administrativa, dos outorgamentos das seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:
• Data da resolución: 21 de xullo de 2025.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-13-24-C-3.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario para explotación de nave para usos complementarios aos náutico deportivos.
Porto: Sada.
Concesionario: Club Náutico de Sada.
Superficie concedida no título concesional: 251 m2.
Investimento: 319.877,91 € (con IVE).
Prazo da concesión: vinte (20) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 4.072,26 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e o 1,05 % do importe neto da cifra anual de negocio pola actividade de reparación naval, o 1,05 % do importe neto da cifra anual de negocio pola actividade de ensinanzas náuticas e o 1,58 % do importe neto da cifra anual de negocio pola actividade de efectos navais e loxística.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.
• Data da resolución: 22 de xullo de 2025.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 14-07-25-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario para ocupación de edificio para sede, oficinas, formación náutico-pesqueira e fins sociais.
Porto: Viveiro-Celeiro.
Concesionario: Confradía de Pescadores de Celeiro.
Superficie concedida no título concesional: 585 m2.
Investimento: 357.206,52 € (con IVE).
Prazo da concesión: vinte e cinco (25) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 5.307 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e o 1,5 % do importe neto da cifra anual de negocio por oficinas e o 1 % polas actividades de formación e ensinanzas náuticas.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.
Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución en que se faga público o outorgamento.
Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2025
José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia
