DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 9 de outubro de 2025 Páx. 53131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se fai pública a proposta dunha liña de deslindamento cunha propiedade particular do monte veciñal en man común (MVMC) Da Costa, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Santo Estevo, no concello de Carballeda de Avia.

Para os efectos previstos no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade da proposta de deslindamento parcial do monte veciñal en man común (MVMC) Da Costa cunha propiedade particular, presentada o 11 de setembro de 2025 pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Santo Estevo.

Nesa mesma data, a comunidade presentou documentación onde consta o acordo da súa aprobación adoptado na asemblea xeral do 20 de xullo de 2025.

O día 22 de setembro de 2025, o Servizo de Montes de Ourense emitiu un informe favorable ao considerar que non existe unha afección significativa sobre a integridade territorial do monte.

Contra a proposta de deslindamento, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, as persoas interesadas poderán presentar ante a comunidade propietaria as alegacións e os títulos que acrediten a propiedade ou a posesión dos predios estremeiros.

Durante este prazo, a documentación estará dispoñible no Servizo de Montes de Ourense, na rúa Villaamil e Castro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da dita proposta.

Ourense, 25 de setembro de 2025

José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense