DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 9 de outubro de 2025 Páx. 53125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 25 de setembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, do requirimento de documentación do expediente SAI IN 2025/38.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, os interesados son informados de que os expedientes están á súa disposición, para coñeceren o contido íntegro dos actos, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña, no Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 25 de setembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SAI IN 2025/38.

NIF: B954010131.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: Santiago de Compostela.