Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmanse os titulares que figuran no anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA CAS805 no treito entre os apoios núm. D23-23 e núm. D23-23-6, situada no concellos de Cartelle e Castrelo de Miño.
Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, requíreselles para que presenten ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte días (20) hábiles, contados a partir do día seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do BOE, a súa folla de valoración, na cal concretarán de xeito motivado o valor en que estiman a servidume imposta e poderán alegar o que xulguen conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.
Ourense, 26 de setembro de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2024/43-3.
Denominación: Regulamentación da LMTA CAS805 no treito entre os apoios núm. D23-23 e núm. D23-23-6.
Concellos: Cartelle e Castrelo de Miño.
Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Data dos depósitos previos: 25 de setembro de 2025.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
|
1 |
Monte Serra |
32023A076001220000HU |
CMVMC da Serra |
|
2 |
Vila da Loba |
32021A524000010000UE |
CMVMC Os Pereiros |
|
3 |
Vila da Loba |
32021A524000070000UA |
CMVMC Os Pereiros |
|
4 |
Vila da Loba |
32021A524000070000UA |
CMVMC Os Pereiros |
