Mediante a resolución do concelleiro-delegado de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, con data do 22 de setembro de 2025, e consonte a proposta da Comisión de Valoración efectúase o nomeamento do funcionario Pablo Seoane Cancelo, con DNI número ***0007**, para ocupar, polo sistema de concurso-específico, o posto de traballo de letrado, na Asesoría Xurídica, código A01.01.AX.D.005, convocado no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 15, do 23 de xaneiro de 2025.
A formalización da toma de posesión no posto realizarase de conformidade co disposto na base novena da convocatoria.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2025
A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía do 17.6.2023)
Manuel César Vila
Concelleiro-delegado de Economía e Facenda, Persoal,
Contratación e Modernización da Administración Local
