DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 9 de outubro de 2025 Páx. 53159

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO das bases reguladoras da convocatoria pública para a provisión definitiva de postos de traballo do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento, polo procedemento de libre designación (expediente 47083/220 e un máis).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 159, do 22 de agosto de 2025, publicáronse as bases reguladoras para a provisión definitiva dos seguintes postos mediante libre designación:

– Xefe/a do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento.

– Subxefe/a de Extinción de Incendios.

Consonte o establecido na base cuarta, o prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

A resolución da convocatoria, co nomeamento das persoas seleccionadas, publicarase no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios do Concello de Vigo e na sede electrónica do Concello de Vigo.

Vigo, 17 de setembro de 2025

O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía, do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística, Educación,
Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024,
e Acordo da Xunta de Goberno Local, do 13.6.2025).
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade, Contratación,
Festas e Xestión Municipal