En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Mª Eladia Rico Neira.
DNI: ***5965**.
Expediente: DH.A36.106331.
Volume total anual: 7.000 m³/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,2 l/s.
Destino: rega.
Orixe: manancial.
Lugar: San Tomé.
Parroquia: San Tomé de Ancorados.
Concello: A Estrada.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de auga dun manancial situado na parcela de referencia catastral 36017D503003670000XG, mediante unha arqueta de obra de fábrica con aros de fibrocemento de 70 cm de diámetro, que capta a auga que se deriva por gravidade por unha condución de polietileno de 20 mm de diámetro ao longo duns 20 e 55 m ata as parcelas que se regan, a da propia captación e a de referencia 36017D503003350000XG.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do Portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2025
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro
