DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 9 de outubro de 2025 Páx. 53137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 23 de setembro de 2025 polo que se notifica a resolución de desestimación do recurso de reposición contra a liquidación definitiva de gastos de execución subsidiaria no expediente SIL/74/2013.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 2 de setembro de 2025, ditou a resolución de desestimación do recurso de reposición interposto contra a resolución de aprobación da liquidación definitiva dos gastos de execución subsidiaria da orde de demolición ditada dentro do expediente de reposición da legalidade urbanística en materia de costas con referencia SIL/74/2013, a nome da persoa titular do documento nacional de identidade 78528477Z.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2025

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística