En aplicación do artigo 23.2 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común (RMVMC), aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, dáse publicidade oficial ao acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra acadado na sesión que tivo lugar o 28 de maio de 2025 na cal se decidiu iniciar o procedemento de clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:
Concello: Arbo.
Parroquia: Sela.
Nome do monte: Carballeira.
Cabida: 917 m2.
Referencias catastrais: case toda a parcela 36001A048000730000SL, e parte da 36001A048000760000SM e da 36001A048090170000SZ.
Lindes:
|
Lindeiros |
|
|
Norte |
Andrés Vieites Otero |
|
Sur |
Concello de Arbo (estrada municipal) |
|
Leste |
Josefa Groba Casas e Armando Nicolao Tomé |
|
Oeste |
Concello de Arbo (estrada municipal) |
Así mesmo, ao abeiro do artigo 23.2 do dito regulamento, comunícase a apertura dun período dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, para que calquera persoa interesada no expediente poida efectuar as alegacións que considere convenientes.
Pontevedra, 29 de setembro de 2025
Xosé Carlos Morgade Martínez
Instrutor
