DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 10 de outubro de 2025 Páx. 53282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, de notificación dos trámites de audiencia da revisión cartográfica e documental do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Quins (Melón-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, as persoas interesadas citadas no anexo poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo), de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 29 de setembro de 2025

José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense

ANEXO

Nº prop.

Interesado/a

Acto que se notifica

913

76690315N

Trámite de audiencia de revisión cartográfica