Na sesión que tivo lugar o 17 de setembro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 22, do 3 de febreiro) para cualificar este proceso selectivo,
ACORDOU:
Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.1.2 da convocatoria, e en relación co segundo exercicio do proceso selectivo realizado o día 16 de setembro de 2025, o dito exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto, tal e como establecen as bases da convocatoria.
Segundo. Tendo en conta o anterior, acórdase publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba que se realizou o día 16 de setembro, correspondente ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX) no portal web corporativo https://www.funcionpublica.xunta.gal
Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, as persoas aspirantes poderán formular as alegacións que consideren oportunas ás puntuacións, que se presentarán a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).
Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025
Víctor Manuel Patiño Grela
Presidente do tribunal
