En sesión que tivo lugar o 2 de outubro de 2025, o tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina, acordou:
Primeiro. Unha vez revisadas as alegacións presentadas contra a resolución pola que se deu publicidade ás puntuacións obtidas polas persoas aspirantes ao segundo exercicio do proceso selectivo, o tribunal acorda desestimar as alegacións presentadas na súa totalidade.
Segundo. De conformidade co disposto nas bases da convocatoria, que o terceiro exercicio da oposición terá lugar o día 16 de outubro, ás 15.30 horas, na aula 9 da Escola Galega de Administración Pública sita en Santiago de Compostela, na rúa de Madrid, 2-4, (As Fontiñas).
Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal e bolígrafo de tinta azul.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2025
María Jesús García Blanco
Presidenta do tribunal
