DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 10 de outubro de 2025 Páx. 53217

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 6 (educador/a, profesor/a especial) do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fai pública unha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 1 de outubro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21 de maio) (corrección de erros no DOG núm. 99, do 23 de maio), modificada pola Resolución do 27 de maio de 2024 (DOG núm. 107, do 4 de xuño), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 3, 4, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia, e persoal laboral propio do Cixtec (grupo II),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 19 de xuño de 2025 (DOG núm. 121, do 26 de xuño), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a renuncia dunha persoa aspirante que superou o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 6 (educador/a, profesor/a especial) do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Segundo. Mediante a Resolución do 19 de xuño de 2025 (DOG núm. 121, do 26 de xuño), este tribunal acordou elevar á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a nova listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 6 (educador/a, profesor/a especial) do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia.

O 29 de setembro de 2025, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, xa que a proposta co número 1, María José Fernández García (***4864**), decaeu no seu dereito a adquirir a condición de persoal laboral fixo na categoría 6 (educador/a, profesor/a especial) do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia, ao non presentar no prazo establecido a documentación exixida.

A base III.4 da convocatoria sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo, será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta (30) puntos.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas».

Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 6 (educador/a, profesor/a especial) do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia, e facer pública, como anexo a esta resolución, a nova relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, coas puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Terceiro. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Cuarto. Elevar esta relación complementaria á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo.

Quinto. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2025

Víctor Gallego Víncent
Presidente do tribunal

ANEXO

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

1

***7703**

Brea Castro, Millán

Libre

49,1