DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 10 de outubro de 2025 Páx. 53243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 23 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se lles notifica ás persoas solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta o requirimento de documentación acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, no expediente PR204A 2025/3828-2 e cinco mais.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles, ás persoas que se relacionan no anexo, o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte das persoas destinatarias ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo de que dispón as persoas solicitantes do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar as persoas solicitantes, como é a súa obriga, que reúnen os requisitos previstos na lei.

Lugo, 23 de setembro de 2025

Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/Pasaporte

PR204A 2025/3828-2

34253862P

PR204A 2025/3881-2

34274172D

PR204A 2025/4078-2

34307246D

PR204A 2025/4202-2

34268280M

PR204A 2025/4270-2

X3266512Y

PR204A 2025/4291-2

12759576G