Mediante a Resolución reitoral do 9 de xuño de 2025 (DOG do 23 de xuño e BOE do 3 de setembro), convocáronse probas selectivas para cubrir tres prazas na escala técnica superior de administración, con requisito de idioma, subgrupo A1, pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.
Segundo. Indicar que esta lista provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:
Tribunal titular:
Presidente:
– Rubén Regueira Gay, persoal directivo profesional da USC.
Vogais:
– Maruxa Casal Reyes, persoal directivo profesional da USC.
– Elsa María Mosquera Barcia, funcionaria de carreira do subgrupo A1 da USC.
– Sonia Cordido Méndez, funcionaria de carreira do subgrupo A1 da USC.
Secretaria:
– Silvia M. Moreira Figueiras, funcionaria de carreira do subgrupo A1 da USC, que actuará con voz e voto.
Tribunal suplente:
Presidente:
– Ignacio Miguel Palacios Martínez, catedrático de universidade da USC.
Vogais:
– Alba Cachafeiro Requeijo, funcionaria de carreira do subgrupo A1 da USC.
– María del Carmen Soengas Seoane, funcionaria de carreira do subgrupo A1 da USC.
– Miguel Anxo López Quián, funcionario de carreira do subgrupo A1 da USC.
Secretario:
– Alberto Mariño Ruza, funcionario de carreira do subgrupo A1 da USC, que actuará con voz e voto.
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
