DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 10 de outubro de 2025 Páx. 53240

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2025 pola que se aproba e fai pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir tres prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de escola infantil.

Mediante a Resolución reitoral do 10 de xuño de 2025 (DOG do 23 de xuño e BOE do 3 de setembro), convocáronse probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de escola infantil, grupo III, pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que esta lista provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas, dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaran a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela