Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou as súas persoas representantes debidamente acreditadas.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas deste Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 26 de setembro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Persoa interesada |
Acto notificado |
|
José Vicente Portas Valle Baltasar Mouta Piñeiro |
Resolución do 12.8.2025 de caducidade do expediente IN407A 2022/092-4 da instalación eléctrica denominada LMTA e Regulamentación apoios na CBD804, no concello de Vilanova de Arousa. |
|
Manuel López Rodríguez |
Resolución do 22.8.2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Meis (expediente IN407A 2023/031-4). |
|
María Beatriz Busto Martínez José Ramón Muñiz Saavedra |
Resolución do 5.8.2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Meis (expediente IN407A 2023/039-4). |
|
María Julio Galego Riádigos |
Trámite de audiencia no expediente IN407A 2023/396-4 relacionado coa solicitude de desistencia da autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMT e CTI Galegos, no concello de Lalín. |
|
José Vicente Gil Álvarez |
Trámite de audiencia no expediente IN407A 2025/045-4 relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Soterramento e substitución LMTA SAL803 entre os apoios AE7GBX7D//4-5 e AEEV9JWR, no concello das Neves. |
