DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 10 de outubro de 2025 Páx. 53272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 29 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convoca a persoa interesada ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada nos concellos de Montederramo e Xunqueira de Espadanedo (expediente IN407A 2023/17-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio convócase a persoa interesada ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo ao predio afectado pola instalación eléctrica denominada Peche de LMTA REG803 e REG804 no CT 32C547, na casa do concello de Xunqueira de Espadanedo, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

A persoa titular de dereitos sobre o ben afectado deberá comparecer no dito acto por si mesma ou representada por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberá achegar unha certificación de titularidad da conta bancaria onde, logo da súa solicitude, se lle ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.

Ourense, 29 de setembro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/17-3.

Instalación: peche de LMTA REG803 e REG804 no CT 32C547.

Concellos: Montederramo e Xunqueira de Espadanedo.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio

núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Lugar da convocatoria

Data

Hora

8

Pena da Malla

32038A036000440000KE

Descoñecido/a

Casa do concello de Xunqueira de Espadanedo

17.11.2025

13.00