DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 10 de outubro de 2025 Páx. 53287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 25 de setembro de 2025 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición no expediente POL/82/2017-A1R1.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 23 de xuño de 2025, ditou resolución do recurso potestativo de reposición no expediente POL/82/2017-A1R1.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución ao interesado con documento nacional de identidade 35998602Z, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao destinatario, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2025

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística