DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 10 de outubro de 2025 Páx. 53285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 26 de setembro de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.A15.11491 e catorce máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo da persoa interesada ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, por ter expirado o prazo concesional, ditado no expediente DH.A15.11491 e catorce máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

A persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Data do acordo

DH.A15.11491

Comunidade de Usuarios Santa Baia

11.9.2025

DH.A27.2350

Ricardo Fernández Barreira e outros

11.9.2025

DH.A15.11389

Comunidade de Usuarios de Pedroso Norte e Pedroso Sur

11.9.2025

DH.A36.2490

José Luis Alvariña Meira

11.9.2025

DH.A15.15352

Sara Casal Bouza

11.9.2025

DH.A36.5589

Comunidade de Usuarios de Busto-Catoira

11.9.2025

DH.A27.2009

Francisco Rodríguez Núñez

11.9.2025

DH.A36.3911

José Mª Rey López

11.9.2025

DH.A15.3204

Comunidade de Usuarios Praia Nemiña

11.9.2025

DH.A15.11289

Hortensio Trillo Cancela

11.9.2025

DH.A27.02295

José Antonio Pedreira Alonso

11.9.2025

DH.A15.1258

Jesús Alfonsín Suárez

11.9.2025

DH.A36.09888

Francisco Porral Calviño

11.9.2025

DH.A36.8478

Manuel Clemente Sanmartín

11.9.2025

DH.A36.9368

Mercedes Sabarís Vázquez

11.9.2025