DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 10 de outubro de 2025 Páx. 53293

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO de notificación de requirimento para o cumprimento de obrigas en materia de xestión de biomasa vexetal (expediente 846/2023).

De conformidade co disposto no número 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas polo artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, non tendo constancia de ningún domicilio e do titular da parcela, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio de anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias municipais, na praza Consistorio, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Arbo, 19 de setembro de 2025

Horacio Gil Expósito
Alcalde

ANEXO

Referencia/nº de expediente

Referencia catastral

Interesado/a

846/2023

36001A032002500000SQ

En investigación

846/2023

36001A032000220000SY

En investigación

846/2023

36001A032000290000SM

En investigación

846/2023

36001A032000300000ST

En investigación

846/2023

36001A032000840000SA

En investigación