A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, na súa reunión do 30 de setembro, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal encadradas dentro do Fondo de Acción Social para o exercicio de 2025: axudas para a atención a discapacitados. As ditas bases están expostas na intranet e no taboleiro de anuncios da institución, e o prazo de presentación de solicitudes quedará aberto a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, durante quince días hábiles.
Os interesados deben presentar as súas solicitudes na sede electrónica do Consello de Contas de Galicia, onde escollerán, dentro do catálogo de trámites para empregados e cargos públicos da institución, o correspondente ao ADM050509 Fondo de Acción Social-atención a discapacitados.
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2025
Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia
