DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 10 de outubro de 2025 Páx. 53204

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2025 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Literatura Dramática, Música e Artes Escénicas.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 23 de setembro de 2025 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 1 de outubro pola Resolución do secretario xeral de Universidades do 25 de setembro de 2025).

Este reitorado, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei orgánica 2/2023, do sistema universitario, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Literatura Dramática, Música e Artes Escénicas pola Universidade de Vigo.

Vigo, 2 de outubro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Literatura Dramática, Música e Artes Escénicas

Código RUCT: 3500721.

Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.

Universidades participantes: Universidade de Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

44

Prácticas externas

6

Traballo fin de máster

10

Créditos totais

60

Cadro 2. Contido do plan de estudos.

Materia

ECTS

Carácter

Módulos

Métodos de investigación en ciencias humanas e sociais

4

OB

Método

Paradigmas na actuación e correntes da escenificación contemporáneas

4

OB

Ars Dramatica

Xestión e dirección artística. Novas linguaxes escénicas e dramaturxias híbridas. Historia da escena en Galicia

6

OB

A arte como recurso educativo e terapéutico

5

OB

Ars Didactica

Deseño e avaliación de proxectos educativos

5

OB

Relacións interartísticas: cinema, teatro e poesía

4

OB

Ars Poetica

Literatura dramática contemporánea: espazos, público e análise crítica

6

OB

Patrimonio e músicas de tradición oral

5

OB

Ars Musicae

Teatro musical nos séculos XX e XXI

5

OB

Prácticas externas

6

OB

Prácticas externas

Traballo fin de máster

10

OB

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Literatura Dramática, Música e Artes Escénicas pola Universidade de Vigo, o alumnado deberá superar os 60 créditos ECTS de que consta o máster.