Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 23 de setembro de 2025 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 1 de outubro de 2025 pola Resolución do secretario xeral de universidades do 25 de setembro de 2025).
Este reitorado, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei orgánica 2/2023, do sistema universitario, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Creación Artística Contemporánea pola Universidade de Vigo.
Vigo, 3 de outubro de 2025
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Máster universitario en Creación Artística Contemporánea
Código RUCT: 3500686.
Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.
Universidades participantes: Universidade de Vigo.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.
|
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
|
Obrigatorias |
28 |
|
Optativas |
20 |
|
Prácticas externas |
6 |
|
Traballo fin de máster |
6 |
|
Créditos totais |
60 |
Cadro 2. Contido do plan de estudos.
|
Materia |
ECTS |
Carácter |
Módulos |
|
Laboratorio de creación e investigación artística-Estudos abertos I |
15 |
OB |
Obrigatorias |
|
Memoria TFM. Deseño de proxecto artístico |
2 |
OB |
|
|
Teoría do coñecemento en arte |
3 |
OB |
|
|
Laboratorio de creación e investigación artística-Estudos abertos II |
8 |
OB |
|
|
Prácticas asociadas a contornos gráfico-visuais I |
5 |
OP |
Optativas |
|
Prácticas asociadas a contornos obxectual-espacial I |
5 |
OP |
|
|
Prácticas asociadas a contornos mediados-tecnolóxicos I |
5 |
OP |
|
|
Prácticas asociadas a contornos gráfico-visuais II |
5 |
OP |
|
|
Prácticas asociadas a contornos obxectual-espacial II |
5 |
OP |
|
|
Prácticas asociadas a contornos mediados-tecnolóxicos II |
5 |
OP |
|
|
Prácticas externas |
6 |
OB |
Prácticas externas |
|
Traballo fin de máster |
6 |
OB |
Traballo fin de máster |
Para a obtención do título de máster universitario en Creación Artística Contemporánea pola Universidade de Vigo, o alumnado deberá superar os 60 créditos ECTS de que consta o máster.
