DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 2025 Páx. 53403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 1 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se notifica a resolución de caducidade do procedemento de autorización como xestor de valorización de residuos non perigosos da entidade Reciclajes Singulares del Noroeste, S.L., para unha instalación no concello de Mos (expediente 2022-SC-I-00113).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación do acto administrativo que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, notifícaselle ao titular que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de caducidade do procedemento de autorización como xestor de valorización de residuos non perigosos.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a interesada, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Servizo de Residuos e Economía Circular, sitas no Edificio Administrativo, rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencer o prazo indicado para comparecer.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

ANEXO

Expediente: 2022-SC-I-00113.

Titular: Reciclajes Singulares del Noroeste, S.L.

Acto notificado: resolución de caducidade do procedemento de autorización como xestor de valorización de residuos non perigosos.

Data do acto administrativo: 8 de maio de 2025.