DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 2025 Páx. 53460

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A.

ANUNCIO polo que se fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procesos de selección, polo sistema de concurso-oposición, para cubrir catro postos de arquitectos/as, dous de técnicos/as xurídicos/as e dous de administrativos/as como personal laboral fixo.

Mediante a Resolución da xerente do 7 de outubro de 2025 adoptáronse os acordos seguintes:

1. Aprobar as listas definitivas de admitidos e excluídos no proceso selectivo arriba indicado, que se incorporan como anexo desta resolución.

2. Publicar as referidas listas na páxina web da sociedade (www.vivendapublica.gal) e anunciar no DOG a devandita publicación.

3. Conforme o establecido no número 6.1 e anexo B.1 das bases da convocatoria, as persoas interesadas disporán de 3 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación no DOG do anuncio da aprobación das listas definitivas de admitidos e excluídos, para reparar calquera erro que sexa emendable. Para o caso de que procedese corrixir algún erro emendable, a publicación das listas coa corrección correspondente efectuarase só na páxina web da sociedade (www.vivendapublica.gal).

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2025

María Doporto Santos
Xerente da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A.