Por Decreto da Alcaldía do Concello de Ourense núm. 2025006371, do 28 de agosto de 2025, aprobáronse as bases e a convocatoria para a provisión de 14 prazas de bombeiro/a-condutor/a (oferta de emprego público de 2024) do Concello de Ourense. O citado decreto e as bases correspondentes publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 177, do 16 de setembro de 2025.
As bases reguladoras do proceso selectivo poden consultarse na sede electrónica do Concello de Ourense no seguinte ligazón:
https://sede.ourense.gob.es/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=266998393
O que se fai público e se advirte que contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ou ben acudir directamente á vía xudicial, interpoñendo recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses. Os prazos indicados computaranse de data a data a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Non poderán interpoñerse simultaneamente ambos os recursos. Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada poderá interpoñer calquera outro recurso que considere procedente.
Ourense, 16 de setembro de 2025
Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente
