DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 2025 Páx. 53458

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle do quinteiro Z4-R17L zona 4, parcela R17L, SURT 1 San Pedro de Visma (expediente 631/2023/156).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 27 de agosto de 2025, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Estudo de detalle do quinteiro Z4-R17L zona Z4, parcela R17L, SURT 1 San Pedro de Visma, 15191, A Coruña. Xullo 2025, promovido por Metrovacesa, S.A. e redactado por Álvaro Romero Arquitectos, S.L., sociedade profesional colexiada co número 20084 do COAG, e asinado polos arquitectos representantes Álvaro P. Romero Gil-Delgado e Hugo Romero Novás, cos números de colexiado 979 e 4654, respectivamente.

En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, na epígrafe de publicidade oficial, taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, información urbanística; na web de Urbanismo, na epígrafe exposición pública, e no visor Desenvolvemento do planeamento. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 5 de setembro de 2025

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda