O Concello de Betanzos fai pública unha notificación relativa ao requirimento de limpeza á titular da parcela que se indica a seguir, logo de resultar infrutuosa, por causas non imputables a esta Administración, a notificación á que se refire o artigo 135 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
|
Expediente |
Referencia catastral |
Situación |
Titular |
|
2025/V001/000031 |
4328907NH6942N0001IZ |
Av. Saavedra Meneses, 83 |
Promociones y Construcciones Rabuñal, S.L. |
|
2025/V001/000042 |
2815904NH6921N0001EL |
Lg. Infesta |
Etchevarría Naveira, José M. |
|
2025/V001/000044 |
4421948NH6942S0001LY |
R/ Cruz Verde, 37 |
García Castiñeira, Víctor |
As persoas interesadas en coñecer o contido íntegro do acto que se notifica poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Betanzos, sitas na praza de Galicia, 1 (Edificio Arquivo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios do BOE. Así mesmo, dispoñen de idéntico prazo para cumprir coa obriga da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada das especies arbóreas prohibidas.
Unha vez transcorrido este prazo sen que se faga uso do dereito sinalado, o Concello de Betanzos continuará co expediente segundo o disposto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
O Concello de Betanzos notifica este acto para os efectos oportunos e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan alegar o que consideren oportuno, no prazo de quince días desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Betanzos, 25 de agosto de 2025
María Barral Varela
Alcaldesa
