Mediante o Decreto da Alcaldía número 3437 de 2025, do 6 de outubro de 2025, acordouse nomear a Marcos Pérez Fernández, con DNI número ***3156**, funcionario de carreira do corpo da Policía Local do Concello do Barco de Valdeorras, escala básica, categoría de policía (Administración especial, subescala de servizos especiais), grupo C, subgrupo C1.
A partir da publicación do anuncio do nomeamento no Boletín Oficial da provincia de Ourense, comezará a contar o prazo dun mes para tomar posesión.
O anterior faise público para os efectos do artigo 25.2 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.
O Barco de Valdeorras, 7 de outubro de 2025
Aurentino Alonso Araújo
Alcalde
