En cumprimento do previsto no artigo 78 ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de legalización de obras:
Solicitante: María Luisa González Cuba.
NIF: ***9397**.
Expediente: DH.W27.100944.
Lugar: A Silvosa.
Parroquia: Vilacampa.
Concello: O Valadouro.
Descrición das actuacións:
As obras solicitadas consisten no cambio de cuberta no edificio con referencia catastral J01100100PJ22C0001LW e no acondicionamento do terreo que linda co edificio, na parcela con referencia catastral 27063A062000430000YL, na zona de policía do rego de Silvosa.
A documentación presentada pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, e solicitar cita previa no teléfono 982 29 44 14.
As persoas interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
Lugo, 30 de setembro de 2025
Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña
