DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 2025 Páx. 53447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 2 de outubro de 2025 pola que se notifica resolución de procedemento para reclamar os custos ocasionados no porto da Pobra do Caramiñal polo afundimento do barco José Mari, con matrícula 4ª-VILL-3-46-91.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a José Mariño Dieste, Resolución da Dirección de Portos de Galicia, do 16 de xullo de 2025, que require a esta persoa o aboamento dos custos derivados das actuacións do operativo anticontaminación polo afundimento do barco José Mari na dársena do porto da Pobra do Caramiñal o 5 de xaneiro de 2025, por non ser posible a notificación no domicilio.

Este anuncio publicarase no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

No expediente tramitado para o efecto emitiuse acordo de iniciación sen que no trámite de audiencia o interesado formulase alegacións.

Esta resolución emítea a Dirección de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 15.3, alíneas a) e b), da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e de acordo co previsto nos artigos 100 e 102 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 146 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

O importe a que ascenderon as actuacións do operativo anticontaminación foi de 6.966,77 euros, IVE incluído.

O aboamento coa utilización de impreso que poderá solicitarse na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia deberá facerse nos seguintes prazos:

Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Se a publicación se realiza entre os días 16 e o último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

De non ingresar a dita cantidade no prazo sinalado, esta, de acordo co artigo 101 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas, seralle exixida mediante o procedemento previsto nas normas reguladoras do procedemento de recadación na vía executiva.

Este acto administrativo, que ten eficacia executiva, non esgota a vía administrativa e contra el poderase interpoñer recurso de alzada perante o Consello Reitor de Portos de Galicia nun prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación.

O expediente completo para o seu exame, das 9.00 ás 14.00 horas, atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2025

Juan Sanmartín Ferreiro
Director de Portos de Galicia