DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 2025 Páx. 53752

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 2 de xuño de 2025 pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.

A Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, instrumento de protección e defensa das partes que interveñen na actividade de transporte, creouse, no marco da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, pola Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 9 de outubro de 1991 (Diario Oficial de Galicia núm. 232, do 23 de outubro).

A súa actual composición vén determinada pola Resolución do 2 de xuño de 2025, pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (DOG núm. 108, do 9 de xuño).

Debido a cambios nas persoas que ocupan postos na Administración, considérase oportuno modificar a actual composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.

De conformidade co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar os puntos 1.2 e 2.1.1 da Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, do 2 de xuño de 2025, pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, relativos a presidentes suplentes e a vogais representantes da Administración, que pasa a ter a seguinte redacción:

«1. Presidente/a.

1.1. Titular:

– Pablo Alejandro Amenedo Bermúdez.

1.2. Suplentes:

– Eva Lorenzo Queiro

– Eduardo Suárez Campo».

«2. Vogais:

2.1. Representantes da Administración:

2.1.1. Titulares:

– Eva Lorenzo Queiro.

– Mª Teresa Somoza García».

Segundo. A modificación anterior entenderase vixente e aplicable a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2025

Judit Fontela Baró
Directora xeral de Mobilidade