Examinado o informe proposto emitido polo xurado encargado de avaliar as candidaturas presentadas ao distintivo Bandeira verde segundo a Orde do 12 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira verde de Galicia, resultan os seguintes
Antecedentes de feito:
Primeiro. O 31 de marzo de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 62 a Orde do 12 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira verde de Galicia.
Segundo. O 30 de maio de 2025 rematou o prazo previsto no artigo 4 da orde, en que se establece que as solicitudes se presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e que o prazo para a presentación das solicitudes das candidaturas comezará a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e durará ata o 30 de maio de 2025.
Terceiro. Dentro do prazo indicado recibíronse 36 solicitudes correspondentes aos concellos de Oímbra (categoría 3), Silleda (categoría 2), Ares (categoría 3), Ribadeo (categoría 2), Larouco (categoría 3), Curtis (categoría 3), Cerdido (categoría 3), Cospeito (categoría 3), Carnota (categoría 3), Tomiño (categoría 2), San Sadurniño (categoría 3), Porto do Son (categoría 2), Boiro (categoría 2), Ribeira (categoría 2), Cervo (categoría 3), Sobrado (categoría 3), Parada de Sil (categoría 3), Alfoz (categoría 3), Vilariño de Conso (categoría 3), Narón (categoría 2), Muros (categoría 2), Sanxenxo (categoría 2), Porqueira (categoría 3), Begonte (categoría 3), Outeiro de Rei (categoría 3), Chantada (categoría 2), Vilasantar (categoría 3), A Illa de Arousa (categoría 3), Mos (categoría 2), Sober (categoría 3), Touro (categoría 3), Poio (categoría 2), Ponte Caldelas (categoría 3), A Laracha (categoría 2), Ordes (categoría 2) e Muíños (categoría 3).
Cuarto. De conformidade co previsto no artigo 7 da orde, o 3 de xullo de 2025 requiríronse os concellos de Ares, Larouco, Cerdido, Carnota, Sobrado, Alfoz, Vilariño de Conso, Muros, Porqueira, Chantada, A Illa de Arousa, Touro, Poio, Ordes e Muíños para que emendasen as súas solicitudes, nun prazo de 10 días hábiles, coa advertencia de que, se así non o fixeren, se considerarían desistidos da súa petición.
Quinto. Os concellos de Ares, Larouco, Cerdido, Carnota, Sobrado, Vilariño de Conso, Muros, Porqueira, Chantada, A Illa de Arousa, Touro, Ordes e Muíños contestaron ao dito requirimento en tempo e forma.
Os concellos de Alfoz e Poio non contestaron o requirimento de emenda da súa solicitude.
Sexto. Analizada a nova documentación achegada por algún dos concellos inicialmente requiridos, seguía a haber cuestións que xustificaban a realización dun novo requirimento, o cal se realizou o 29 de xullo de 2025 ao Concello de Chantada para que emendase a súa solicitude, nun prazo de 10 días hábiles, coa advertencia de que, se así non o fixer, se consideraría desistido da súa petición.
Sétimo. O Concello de Chantada non contestou a este segundo requirimento de emenda da súa solicitude.
Oitavo. O 29 de setembro de 2025 foi convocado o xurado encargado de valorar as solicitudes do distintivo Bandeira verde de Galicia para a emisión do informe proposta de recoñecemento dos distintivos, reunión que se produciu o 3 de outubro de 2025.
Fundamentos de dereito:
Primeiro. A persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático é o órgano competente para resolver esta convocatoria, con fundamento no disposto no artigo 11 da Orde do 12 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira verde de Galicia (DOG núm. 62, do 31 de marzo).
Por outro lado, de conformidade co disposto nos artigos 6 e 11 da orde, a elaboración da proposta de resolución do recoñecemento do distintivo Bandeira verde de Galicia correspóndelle á persoa titular do Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa do Instituto de Estudos do Territorio, organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, na súa calidade de órgano instrutor do procedemento.
Segundo. O artigo 11 da Orde do 12 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira verde de Galicia establece que o prazo máximo para resolver e notificar será de cinco meses contados a partir da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o antedito prazo sen que se ditase resolución expresa, entenderase rexeitada a solicitude, de conformidade co disposto no artigo 23 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. En aplicación do previsto nos artigos 13 e 14 da Orde do 12 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira verde de Galicia, e de conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a relación de concellos recoñecidos será publicada, así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, https://www.xunta.gal/cmatv
De igual modo, o artigo 14 da orde prevé que os concellos premiados recibirán o distintivo Bandeira verde de Galicia nun acto público ao cal serán convocados coa oportuna antelación.
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático autoriza a cada un dos concellos recoñecidos para poder utilizar o logotipo específico da bandeira durante un ano. O outorgamento deste distintivo constituirá mérito tanto para os efectos da obtención de subvencións en materia de patrimonio natural como de axudas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal.
Sen prexuízo do exposto, no caso de que algún concello premiado omitise ou falsease a documentación remitida para a obtención deste recoñecemento, poderase considerar a retirada do distintivo acreditado e, polo tanto, perder a condición de gañador do distintivo Bandeira verde de Galicia.
Cuarto. Do informe proposta emitido polo xurado, constátase que do total das trinta e seis candidaturas recibidas, trinta e tres reúnen os requisitos previos exixidos pola Orde do 12 de marzo de 2025 (Oímbra, Silleda, Ares, Ribadeo, Larouco, Curtis, Cerdido, Cospeito, Carnota, Tomiño, San Sadurniño, Porto do Son, Boiro, Ribeira, Cervo, Sobrado, Parada de Sil, Vilariño de Conso, Narón, Muros, Sanxenxo, Porqueira, Begonte, Outeiro de Rei, Vilasantar, A Illa de Arousa, Mos, Sober, Touro, Ponte Caldelas, A Laracha, Ordes e Muíños), dado que os concellos de Alfoz, Chantada e Poio non acreditaron os criterios para a súa valoración, logo dos requirimentos efectuados, polo que se consideran desistidos das súas solicitudes.
Respecto das trinta e tres candidaturas aptas, o xurado examinounas e valorounas en función dos criterios e do baremo establecidos no anexo I da orde, en que se establecen os limiares mínimos necesarios para poder optar a este recoñecemento, para o que se teñen en conta as características dos concellos (superficie, poboación, orzamento utilizado...).
Quinto. Candidatura presentada polo Concello de Oímbra
O Concello de Oímbra presenta 7 accións na súa candidatura, encadradas nos catro ámbitos de actuación: 7 na alínea a), 7 na alínea b), 5 na alínea c) e 7 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, polo menos catro destas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Oímbra cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Oímbra.
Sexto. Candidatura presentada polo Concello de Silleda
O Concello de Silleda presenta 8 accións na súa candidatura, encadradas nos catro ámbitos de actuación: 2 na alínea a), 5 na alínea b), 2 na alínea c) e 2 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, polo menos seis destas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Silleda cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de seis iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 2.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Silleda.
Sétimo. Candidatura presentada polo Concello de Ares
O Concello de Ares presenta un total de 22 accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación: 14 na alínea a), 6 na alínea b), 3 na alínea c) e 5 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, polo menos catro destas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Ares cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3, encadradas en tres ámbitos de actuación e cunha valoración media que supera os 18 puntos.
Cabe mencionar que algunhas das accións presentadas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Ares.
Oitavo. Candidatura presentada polo Concello de Ribadeo
O Concello de Ribadeo presenta un total de 18 accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación: 17 na alínea a), 8 na alínea b), 5 na alínea c) e 14 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, polo menos seis destas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Ribadeo cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de seis iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 2.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Ribadeo.
Noveno. Candidatura do Concello de Larouco
O Concello de Larouco presenta 13 accións que abranguen os catro ámbitos de actuación: 2 na alínea a), 5 na alínea b), 2 na alínea c) e 4 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, considérase que un mínimo de catro accións diferenciadas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso. Cabe mencionar que algunhas delas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido.
Considérase que a proposta do Concello de Larouco cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Larouco.
Décimo. Candidatura presentada polo Concello de Curtis
O Concello de Curtis presenta 20 accións na súa candidatura, encadradas nos catro ámbitos de actuación: 7 na alínea a), 8 na alínea b), 6 na alínea c) e 12 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, considérase que un mínimo de catro accións diferenciadas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso. Cabe mencionar que algunhas delas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido.
Considérase que a proposta do Concello de Curtis cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Curtis.
Décimo primeiro. Candidatura presentada polo Concello de Cerdido
O Concello de Cerdido presenta un total de 7 accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación: 1 na alínea a), 3 na alínea b), 3 na alínea c) e 2 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de catro destas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Cerdido cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Cerdido.
Décimo segundo. Candidatura presentada polo Concello de Cospeito
O Concello de Cospeito presenta 12 accións na súa candidatura, encadradas en tres dos catro ámbitos de actuación: ningunha na alínea a), 10 na alínea b), 5 na alínea c) e 6 na alínea d).
O Concello de Cospeito, segundo o recollido na caracterización incluída no anexo I da orde, que determina as actuacións e criterios de valoración para o recoñecemento do distintivo Bandeira verde de Galicia, está encadrado nos concellos de categoría 3. Neste anexo I establécese para os concellos de categoría 3 que os catro ámbitos de actuación deben estar cubertos con iniciativas (de encadramento exclusivo ou compartido), que cumpran as puntuacións mínimas establecidas. Porén, para esta categoría, permítese que, se existe un ámbito de actuación en que non é posible encadrar unha acción das presentadas pero a puntuación media acadada polas catro mellores iniciativas avaliadas iguala ou supera o 75 % da máxima posible (18/24 puntos), ese concello terá dereito á concesión do distintivo.
Considérase que a proposta do Concello de Cospeito cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3, encadradas en tres ámbitos de actuación e cunha valoración media que supera os 18 puntos.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Cospeito.
Décimo terceiro. Candidatura presentada polo Concello de Carnota
O Concello de Carnota presenta un total de 9 accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación: 1 na alínea a), 1 na alínea b), 2 na alínea c) e 5 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de catro destas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Carnota cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Carnota.
Décimo cuarto. Candidatura presentada polo Concello de Tomiño
O Concello de Tomiño presenta un total de 7 accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación: 3 na alínea a), 2 na alínea b), 1 na alínea c) e 1 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de seis destas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Tomiño cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de seis iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 2.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Tomiño.
Décimo quinto. Candidatura presentada polo Concello de San Sadurniño
O Concello de San Sadurniño presenta 28 accións na súa candidatura, encadradas nos catro ámbitos de actuación: 10 na alínea a), 7 na alínea b), 3 na alínea c) e 8 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, considérase que un mínimo de catro accións diferenciadas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso. Cabe mencionar que algunhas delas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido
Considérase que a proposta do Concello de San Sadurniño cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de San Sadurniño.
Décimo sexto. Candidatura presentada polo Concello de Porto do Son
O Concello de Porto do Son presenta un total de 124 accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación: 49 na alínea a), 25 na alínea b), 12 na alínea c) e 104 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de seis destas iniciativas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Porto do Son cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de seis iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 2.
Cabe mencionar que algunhas das accións presentadas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Porto do Son.
Décimo sétimo. Candidatura presentada polo Concello de Boiro
O Concello de Boiro presenta un total de 8 accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación: 2 na alínea a), 2 na alínea b), 2 na alínea c) e 3 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, polo menos seis destas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Boiro cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de seis iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 2.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Boiro.
Décimo oitavo. Candidatura presentada polo Concello de Ribeira
O Concello de Ribeira presenta 10 accións na súa candidatura, encadradas nos catro ámbitos de actuación: 3 na alínea a), 5 na alínea b), 4 na alínea c) e 5 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de seis destas iniciativas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Ribeira cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de seis iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 2.
Cabe mencionar que algunhas das accións presentadas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, superior ao mínimo requirido.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Ribeira.
Décimo noveno. Candidatura presentada polo Concello de Cervo
O Concello de Cervo presenta un total de 11 accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación: 5 na alínea a), 4 na alínea b), 2 na alínea c) e 1 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de catro destas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Cervo cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Cervo.
Vixésimo. Candidatura presentada polo Concello de Sobrado
O Concello de Sobrado presenta un total de 5 accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación: 5 na alínea a), 3 na alínea b), 2 na alínea c) e 3 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de catro destas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Sobrado cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Sobrado.
Vixésimo primeiro. Candidatura presentada polo Concello de Parada de Sil
O Concello de Parada de Sil presenta 44 accións na súa candidatura, encadradas en tres dos catro ámbitos de actuación: 35 na alínea a), 8 na alínea b), ningunha na alínea c) e 10 na alínea d).
O Concello de Parada de Sil, segundo o recollido na caracterización incluída no anexo I da orde, que determina as actuacións e criterios de valoración para o recoñecemento do distintivo Bandeira verde de Galicia, está encadrado nos concellos de categoría 3. Neste anexo I establécese para os concellos de categoría 3 que os catro ámbitos de actuación deben estar cubertos con iniciativas (de encadramento exclusivo ou compartido), que cumpran as puntuacións mínimas establecidas. Porén, para esta categoría, permítese que, se existe un ámbito de actuación en que non é posible encadrar unha acción das presentadas pero a puntuación media acadada polas catro mellores iniciativas avaliadas iguala ou supera o 75 % da máxima posible (18/24 puntos), ese concello terá dereito á concesión do distintivo.
Considérase que a proposta do Concello de Parada de Sil cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3, encadradas en tres ámbitos de actuación e cunha valoración media que supera os 18 puntos.
Cabe mencionar que algunhas das accións presentadas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Parada de Sil.
Vixésimo segundo. Candidatura presentada polo Concello de Alfoz
Considérase desistido da súa solicitude ao non ter contestado o requirimento para emendar a documentación presentada.
Vixésimo terceiro. Candidatura presentada polo Concello de Vilariño de Conso
O Concello de Vilariño de Conso presenta 12 accións na súa candidatura, encadradas en tres dos catro ámbitos de actuación: 9 na alínea a), 4 na alínea b), ningunha na alínea c) e 12 na alínea d).
O Concello de Vilariño de Conso, segundo o recollido na caracterización incluída no anexo I da orde, que determina as actuacións e criterios de valoración para o recoñecemento do distintivo Bandeira verde de Galicia, está encadrado nos concellos de categoría 3. Neste anexo I establécese para os concellos de categoría 3 que os catro ámbitos de actuación deben estar cubertos con iniciativas (de encadramento exclusivo ou compartido), que cumpran as puntuacións mínimas establecidas. Porén, para esta categoría, permítese que, se existe un ámbito de actuación en que non é posible encadrar unha acción das presentadas, pero a puntuación media acadada polas catro mellores iniciativas avaliadas iguala ou supera o 75 % da máxima posible (18/24 puntos), ese concello terá dereito á concesión do distintivo.
Considérase que a proposta do Concello de Vilariño de Conso cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3, encadradas en tres ámbitos de actuación e cunha valoración media que supera os 18 puntos.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Vilariño de Conso.
Vixésimo cuarto. Candidatura presentada polo Concello de Narón
O Concello de Narón presenta 9 accións na súa candidatura, encadradas nos catro ámbitos de actuación: 2 na alínea a), 7 na alínea b), 5 na alínea c) e 4 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de seis destas iniciativas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Narón cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de seis iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 2.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Narón.
Vixésimo quinto. Candidatura presentada polo Concello de Muros
O Concello de Muros presenta un total de 47 accións ou iniciativas, nos catro ámbitos de actuación: 28 na alínea a), 22 na alínea b), 25 na alínea c) e 35 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de seis destas iniciativas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Muros cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de seis iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 2.
Cabe mencionar que algunhas das accións presentadas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Muros.
Vixésimo sexto. Candidatura presentada polo Concello de Sanxenxo
O Concello de Sanxenxo presenta un total de 14 accións ou iniciativas, nos catro ámbitos de actuación: 13 na alínea a), 12 na alínea b), 3 na alínea c) e 12 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de seis destas iniciativas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Sanxenxo cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de seis iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 2.
Cabe mencionar que algunhas das accións presentadas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Sanxenxo
Vixésimo sétimo. Candidatura presentada polo Concello de Porqueira
O Concello de Porqueira presenta na súa candidatura 8 accións, encadradas nos catro ámbitos de actuación: 3 na alínea a), 3 na alínea b), 3 na alínea c) e 2 na alínea d).
En relación coas condicións previas para que as accións sexan susceptibles de seren avaliadas, segundo o anexo I da orde pola que se rexe a convocatoria, o concello presenta unha acción que se considera incluída nas que responden ao estrito cumprimento dunha norma xurídica ou ao normal desenvolvemento das competencias locais na xestión ordinaria das áreas de ambiente, paisaxe e resto de ámbitos de actuación relacionados co obxecto desta orde e, polo tanto, non se considera iniciativa municipal orientada á consecución de obxectivos de excelencia. En consecuencia, considérase que non cumpre os requisitos exixidos pola orde para ser avaliada; a acción é a denominada Plan básico municipal.
Considérase que a proposta do Concello de Porqueira, aínda tomando en consideración o punto anterior, cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Porqueira.
Vixésimo oitavo. Candidatura presentada polo Concello de Begonte
O Concello de Begonte presenta 6 accións na súa candidatura, encadradas en tres dos catro ámbitos de actuación: ningunha na alínea a), 4 na alínea b), 1 na alínea c) e 2 na alínea d).
O Concello de Begonte, segundo o recollido na caracterización incluída no anexo I da orde, que determina as actuacións e criterios de valoración para o recoñecemento do distintivo Bandeira verde de Galicia, está encadrado nos concellos de categoría 3. Neste anexo I establécese para os concellos de categoría 3 que os catro ámbitos de actuación deben estar cubertos con iniciativas (de encadramento exclusivo ou compartido), que cumpran as puntuacións mínimas establecidas. Porén, para esta categoría, permítese que, se existe un ámbito de actuación en que non é posible encadrar unha acción das presentadas pero a puntuación media acadada polas catro mellores iniciativas avaliadas iguala ou supera o 75 % da máxima posible (18/24 puntos), ese concello terá dereito á concesión do distintivo.
Considérase que a proposta do Concello de Begonte cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3, encadradas en tres ámbitos de actuación e cunha valoración media que supera os 18 puntos.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Begonte.
Vixésimo noveno. Candidatura presentada polo Concello de Outeiro de Rei
O Concello de Outeiro de Rei presenta 26 accións na súa candidatura, encadradas nos catro ámbitos de actuación: 19 na alínea a), 11 na alínea b), 6 na alínea c) e 11 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de catro destas iniciativas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Outeiro de Rei cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
Cabe mencionar que algunhas das accións presentadas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Outeiro de Rei.
Trixésimo. Candidatura presentada polo Concello de Chantada
Considérase desistido da súa solicitude ao non ter contestado ao segundo requirimento para emendar a documentación presentada.
Trixésimo primeiro. Candidatura presentada polo Concello de Vilasantar
O Concello de Vilasantar presenta 10 accións na súa candidatura, encadradas nos catro ámbitos de actuación: 6 na alínea a), 6 na alínea b), 2 na alínea c) e 10 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de catro destas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Vilasantar cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Vilasantar.
Trixésimo segundo. Candidatura presentada polo Concello da Illa de Arousa
O Concello da Illa de Arousa presenta un total de 6 accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación: 5 na alínea a), 4 na alínea b), 2 na alínea c) e 6 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de catro destas iniciativas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello da Illa de Arousa cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello da Illa de Arousa.
Trixésimo terceiro. Candidatura presentada polo Concello de Mos
O Concello de Mos presenta 11 accións na súa candidatura, encadradas nos catro ámbitos de actuación: 7 na alínea a), 9 na alínea b), 2 na alínea c) e 4 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de seis destas iniciativas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello da Mos cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de seis iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 2.
Cabe mencionar que algunhas das accións presentadas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Mos.
Trixésimo cuarto. Candidatura presentada polo Concello de Sober
O Concello de Sober presenta 6 accións na súa candidatura, encadradas nos catro ámbitos de actuación: 6 na alínea a), 6 na alínea b), 1 na alínea c) e 6 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de catro destas iniciativas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Sober cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
Cabe mencionar que algunhas das accións presentadas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo número de accións presentadas, superior o mínimo requirido.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Sober.
Trixésimo quinto. Candidatura presentada polo Concello de Touro
O Concello de Touro presenta 30 accións na súa candidatura, encadradas nos catro ámbitos de actuación: 20 na alínea a), 8 na alínea b), 3 na alínea c) e 5 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de catro destas iniciativas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Touro cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
Cabe mencionar que algunhas das accións presentadas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo número de accións presentadas, superior o mínimo requirido.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Touro.
Trixésimo sexto. Candidatura presentada polo Concello do Poio
Considérase desistido da súa solicitude ao non ter contestado o requirimento para emendar a documentación presentada.
Trixésimo sétimo. Candidatura presentada polo Concello de Ponte Caldelas.
O Concello de Ponte Caldelas presenta un total de 6 accións ou iniciativas na súa candidatura, encadradas en tres dos catro ámbitos de actuación: 3 na alínea a), 4 na alínea b), 1 na alínea c) e ningunha na alínea d).
O Concello de Ponte Caldelas, segundo o recollido na caracterización incluída no anexo I da orde, que determina as actuacións e criterios de valoración para o recoñecemento do distintivo Bandeira verde de Galicia, está encadrado nos concellos de categoría 3. Neste anexo I establécese para os concellos de categoría 3 que os catro ámbitos de actuación deben estar cubertos con iniciativas (de encadramento exclusivo ou compartido) que cumpran as puntuacións mínimas establecidas. Porén, para esta categoría, permítese que, se existe un ámbito de actuación en que non é posible encadrar unha acción das presentadas pero a puntuación media acadada polas catro mellores iniciativas avaliadas iguala ou supera o 75 % da máxima posible (18/24 puntos), ese concello terá dereito á concesión do distintivo.
Considérase que a proposta do Concello de Ponte Caldelas cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3, encadradas en tres ámbitos de actuación e cunha valoración media que iguala ou supera os 18 puntos.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Ponte Caldelas.
Trixésimo oitavo. Candidatura presentada polo Concello da Laracha
O Concello da Laracha presenta 16 accións na súa candidatura nos catro ámbitos de actuación: 11 na alínea a), 4 na alínea b), 2 na alínea c) e 1 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de catro destas iniciativas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello da Laracha cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de seis iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 2.
Cabe mencionar que algunhas das accións presentadas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello da Laracha.
Trixésimo noveno. Candidatura presentada polo Concello de Ordes
O Concello de Ordes presenta 9 accións na súa candidatura nos catro ámbitos de actuación: 2 na alínea a), 4 na alínea b), 2 na alínea c) e 2 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de seis destas iniciativas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Ordes cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de seis iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 2.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Ordes:
Cuadraxésimo. Candidatura presentada polo Concello de Muíños
O Concello de Muíños presenta 5 accións na súa candidatura, encadradas nos catro ámbitos de actuación: 1 na alínea a), 2 na alínea b), 1 na alínea c) e 1 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de catro destas iniciativas acada a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Muíños cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Muíños.
En conclusión, visto o informe proposta de recoñecemento do xurado, e a proposta de resolución da persoa titular do Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa do Instituto de Estudos do Territorio, organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, na súa calidade de órgano instrutor do procedemento, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,
RESOLVO:
1. Recoñecer o distintivo Bandeira verde de Galicia aos concellos de Oímbra, Silleda, Ares, Ribadeo, Larouco, Curtis, Cerdido, Cospeito, Carnota, Tomiño, San Sadurniño, Porto do Son, Boiro, Ribeira, Cervo, Sobrado, Parada de Sil, Vilariño de Conso, Narón, Muros, Sanxenxo, Porqueira, Begonte, Outeiro de Rei, Vilasantar, A Illa de Arousa, Mos, Sober, Touro, Ponte Caldelas, A Laracha, Ordes e Muíños, de conformidade co previsto nos fundamentos de dereito.
2. Denegar o distintivo Bandeira verde de Galicia aos concellos de Alfoz, Chantada e Poio.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que comezará a contar desde o día seguinte ao da súa notificación, a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Poderase, igualmente, interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa notificación, a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2025
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático
