DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 2025 Páx. 53776

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 3 de outubro de 2025 pola que se autorizan novos centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2025/26.

De conformidade co establecido no artigo 16 da Orde desta consellería, do 12 de maio de 2011 (DOG do 20 de maio), pola que se regulan os centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia e se establece o procedemento de incorporación de novos centros á Rede de centros plurilingües de Galicia, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Autorizar os centros plurilingües que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non consideraren oportuna a interposición do citado recurso, poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024; DOG núm. 114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANEXO

Rede de centros plurilingües
Centros autorizados 2025/26

Cód. centro

Nome do centro

Idioma

Etapas autorizadas

Materia

15020854

CPI de Xanceda

Inglés

Educación primaria

Educación Plástica e Visual

Educación Física

15025062

CEIP de Portosín

Inglés

Educación primaria

Educación Plástica e Visual

36019049

CEIP de Barrantes

Inglés

Educación primaria

Educación Plástica e Visual

15011336

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Inglés

Educación primaria

Educación Plástica e Visual

32013521

CEIP Princesa de España

Inglés

Educación primaria

Educación Plástica e Visual

36006195

CEIP A Carballeira

Inglés

Educación primaria

Educación Plástica e Visual

32002122

CEIP Nosa Señora de Xuvencos

Inglés

Educación primaria

Educación Plástica e Visual