DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 2025 Páx. 53822

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 7 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN225A).

De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das bolsas de formación concedidas (anexo I) ao abeiro da Orde do 7 de abril de 2025, mediante as resolucións do 2.7.2025 e 7.8.2025, do director xeral de Comercio e Consumo, por delegación do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración.

Así mesmo, dáse publicidade á lista de persoas suplentes, por orde de prelación, para cubrir as vacantes que se poidan producir (anexo II).

Aplicación orzamentaria

Código do proxecto

Importe

14.06.751A.480.0

2015.00254

16.800,00 €

Finalidade: concesión de subvencións para o impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2025

Gabriel Alén Castro
Director xeral de Comercio e Consumo

ANEXO I

Bolsas de formación concedidas

NIF

Solicitante

Nº de expediente

Importe concedido

Observacións

***4863**

Iria María Barbosa Moreira

IN225A-2025-09

7.200,00 €

Resolución de concesión do 2.7.2025

***2090**

Lucía Díaz Cameselle

IN225A-2025-07

7.200,00 €

Resolución de concesión do 2.7.2025

Renuncia o 4.8.2025

***4362**

Andrea Rey Castro

IN225A-2025-03

5.070,97 €

Resolución de concesión do 7.8.2025

ANEXO II

Lista de persoas suplentes por orde de prelación

Nº de orde

Solicitante

Nº de expediente

NIF

2

Astrid Margarita Lomba Lomba

IN225A-2025-01

***7106**

3

José Pereira Oulad-Hammouch

IN225A-2025-06

***2990**

4

Iria Fernández Alonso

IN225A-2025-08

***9027**

5

Sara Ferreiro Corujo

IN225A-2025-02

***3033**