O Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC) financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013, establece as normas que regulan os obxectivos xerais e específicos que deben perseguirse coa axuda da Unión financiada no marco da política agrícola común, os tipos de intervencións e requisitos comúns para que os Estados membros persigan os ditos obxectivos, así como os plans estratéxicos da PAC que deben elaborar os Estados membros, e que establecen as metas, as condicións das intervencións e a asignación dos recursos financeiros, de conformidade cos obxectivos específicos e as necesidades recoñecidas.
Neste contexto, e mediante a Decisión de execución da Comisión, do 31 de agosto de 2022, aprobouse o Plan estratéxico da PAC de España (PEPAC) modificado mediante Decisión de execución da Comisión C (2023) 5746 final, do 30 de agosto de 2023 e Decisión de execución da Comisión C (2025) 5713 final, do 14 de agosto de 2025, polo que se instaura unha estratexia única que abrangue todas as intervencións da PAC, durante o período 2023-2027, para todo o territorio nacional.
No dito plan recóllese á intervención 6872, Investimentos en servizos básicos en zonas rurais (Subintervención 6872_04-Renovables. Eficiencia Enerxética), contribuíndo á adaptación ao cambio climático e á súa mitigación, mediante a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e mellorando a captura de carbono, así como promover a enerxía sustentable.
Na Comunidade Autónoma de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) constitúese en Axencia polo Decreto 142/2016, do 22 de setembro, mantendo a súa adscrición á consellería competente en materia de enerxía, conforme o establecido na Lei 3/1999, do 11 de marzo, e entre as súas funcións destacan o impulso das iniciativas e programas de aplicación das tecnoloxías enerxéticas, incluídas as renovables, a mellora do aforro e a eficiencia enerxética, o fomento do uso racional da enerxía e, en xeral, a óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos sectores económicos de Galicia. Igualmente, recolle a participación na xestión e prestación de servizos noutros campos sinérxicos ao enerxético, de acordo coas directrices do Goberno no ámbito das súas competencias.
Para o desenvolvemento dos obxectivos anteriores, e na procura de incentivar a transformación da actividade en Galicia cara a unha economía baixa en carbono que aumente a súa competitividade nun mercado global, o Inega establece este sistema de subvencións. As actuacións para desenvolver enmárcanse dentro da Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050, sendo coherente coa RIS3 Galicia e a Axenda Enerxética de Galicia 2030.
A presente convocatoria financiarase con cargo aos orzamentos do Inega para a anualidade 2025, ascendendo o importe total asignado a esta convocatoria a 2.000.000 euros.
Estas axudas xestionaranse ca intervención de entidades colaboradoras. A dita colaboración formalizarase mediante o correspondente convenio.
Neste contexto danse as condicións para que o Inega xestione e tramite a presente liña de subvencións, co obxecto de fomentar o aforro enerxético a través da utilización da enerxía solar fotovoltaica.
Por todo o anterior, en virtude do disposto no artigo 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 16 dos estatutos da Axencia Instituto Enerxético de Galicia
RESOLVO:
Artigo 1. Obxecto
1. Aprobar as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxía solar fotovoltaica, en ámbitos non urbanos (código de procedemento IN421O), así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IN421N), recollidas como anexo I desta resolución e proceder á convocatoria para a anualidade 2025.
2. Seleccionar, en réxime de concorrencia competitiva, as entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.
3. Aprobar os formularios para a xestión da convocatoria do ano 2025 que se xuntan a esta resolución como anexos II, IV a IX.
4. Publicar o convenio de colaboración para as axudas para proxectos de enerxía solar fotovoltaica, en ámbitos non urbanos, ao cal deben adherirse as entidades colaboradoras (anexo III).
5. Convocar para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións destinadas a proxectos de enerxía solar fotovoltaica en ámbitos non urbanos. Este procedemento axustarase ao disposto nas propias bases sen prexuízo do establecido na seguinte normativa de alcance xeral: Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276, do 18 de novembro); Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño); Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20, do 29 de xaneiro); Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
6. Estas axudas para as sociedades patrimoniais de tenza de valores inmobiliarios ou de arrendamento de inmobles cando teñan actividade económica estarán sometidas aos requisitos e límites establecidos no Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L, do 15 de decembro), a axuda total de minimis concedida a unha empresa determinada non pode ser superior a 300.000 euros durante o período dos tres anos previos.
Artigo 2. Financiamento
1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega con repartición bianual recollida na seguinte táboa. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 2.000.000 euros e redistribuirase tendo en conta as solicitudes rexistradas conforme o establecido no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, entre as seguintes partidas: 09.A3.733A.770.7, 09.A3.733A.780.5 e 09.A3.733A.781.7.
|
Anualidade |
Aplicación orzamentaria |
Proxecto contable |
Orzamento |
|||
|
Fondos propios da CA |
Fondos finalistas do Estado |
Feader-PEPAC 2023-2027 |
Total |
|||
|
2025 |
09.A3.733A.770.7 |
2024 00011 |
4.200 |
1.800 |
9.000 |
15.000 |
|
09.A3.733A.780.5 |
5.600 |
2.400 |
12.000 |
20.000 |
||
|
09.A3.733A.781.7 |
4.200 |
1.800 |
9.000 |
15.000 |
||
|
Total anualidade 2025 |
14.000 |
6.000 |
30.000 |
50.000 |
||
|
2026 |
09.A3.733A.770.7 |
2024 00011 |
14.000 |
6.000 |
30.000 |
50.000 |
|
09.A3.733A.780.5 |
518.000 |
222.000 |
1.110.000 |
1.850.000 |
||
|
09.A3.733A.781.7 |
14.000 |
6.000 |
30.000 |
50.000 |
||
|
Total anualidade 2026 |
546.000 |
234.000 |
1.170.000 |
1.950.000 |
||
|
Total |
560.000 |
240.000 |
1.200.000 |
2.000.000 |
||
Este crédito está confinanciado nun 60 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco da intervención 6872 do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (Subintervención 6872_04-Renovables. Eficiencia Enerxética); nun 28 % por fondos propios da Comunidade Autónoma, e nun 12 % por fondos finalistas do Estado.
2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior a que se determine na presente convocatoria.
O importe dos fondos previstos entenderase máximo, ben que cabería a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitantes que resulte da aplicación dos criterios fixados nestas bases.
3. De producirse a ampliación de crédito publicarase no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.gal), sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo para resolver.
Artigo 3. Vixencia da convocatoria
A convocatoria inicia a súa vixencia a partir do día seguinte hábil á súa publicación no Diario Oficial de Galicia e finalizará o mércores, 30 de setembro de 2026.
Artigo 4. Forma e prazo de presentación das solicitudes
1. As solicitudes de adhesión presentaraas a entidade colaboradora interesada segundo o formulario normalizado anexo II desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.
2. As solicitudes de axudas presentaranas as entidades colaboradoras segundo o modelo formulario normalizado anexo IV desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.
3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos para os dous procedementos, a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal) de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
4. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución e rematará o 7 de novembro de 2025 e, para solicitar a súa adhesión, a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión (anexo II).
5. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 31 de outubro de 2025 ás 9.00 horas (inicio do período subvencionable) e rematará o 1 de decembro de 2025 ás 23.59 horas. A entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de solicitude de axuda (anexo IV).
Disposición adicional primeira. Réxime de recursos
Contra esta resolución, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, perante a presidenta da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Disposición adicional segunda. Actos de resolución
O director do Inega poderá ditar os actos necesarios para asegurar a correcta execución desta convocatoria.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta resolución será aplicable desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2025
Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia
ANEXO I
Bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxía solar fotovoltaica (en ámbitos non urbanos), así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e se procede á convocatoria para a anualidade 2025 (códigos de procedemento IN421N e IN421O)
Artigo 1. Obxecto
O obxecto destas bases é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos para subministración en vivendas ou inmobles de carácter residencial.
Artigo 2. Condicións dos proxectos
1. Non serán subvencionables os proxectos iniciados antes da data de presentación da solicitude. Ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude; de ser así, a totalidade do proxecto será considerado non subvencionable, de acordo coa exixencia do efecto incentivador.
Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto, entendéndose por proxecto calquera dos investimentos ou gastos comprendidos na solicitude de axuda. Neste sentido, considérase que existe compromiso en firme no caso de existencia dun contrato ou oferta asinado entre as partes, ou existencia dun pedido para calquera dos elementos subvencionables.
2. As actuacións deberán ser realizadas no ámbito rural de Galicia, entendendo como tal o ámbito de aplicación do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.
A delimitación destas zonas onde se debe realizar a actuación está definida a nivel de parroquia en función da densidade da poboación. Só serán elixibles as parroquias definidas como rurais ou intermedias para os efectos da aplicación do Feader na páxina web do Inega.
3. Os proxectos deberán ser finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para os que foron aprobados.
4. As actuacións axustaranse ás especificacións indicadas nas presentes bases e á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) en materia de enerxía.
Artigo 3. Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas e as sociedades patrimoniais de tenza de valores inmobiliarios ou de arrendamento de inmobles, titulares de calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 4 se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade, non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Que o solicitante non fose sancionado pola Consellería de Economía e Industria pola comisión de infraccións en materia de subvencións no prazo de un ano se a infracción foi cualificada como leve, de dous anos se a infracción foi cualificada como grave, ou tres anos se a infracción foi cualificada como moi grave. Os prazos computaranse desde a data de remate do prazo de presentación das solicitudes.
4. Os requisitos para obter a condición de beneficiaria deberanse cumprir, como moi tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.
Artigo 4. Proxectos que se subvencionan
O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións (comunidades de veciños...) e tamén as entidades patrimoniais tipificadas no artigo 5 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto de sociedades con fins de aforro enerxético e fomento do uso da enerxía solar fotovoltaica.
Artigo 5. Investimentos subvencionables
1. Serán subvencionables:
a) Os paneis solares fotovoltaicos.
b) O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cables, equipamentos de medidas, etc), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc.) e sistemas de acumulación con baterías de litio.
c) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
d) O custo da montaxe e o conexionado e a dirección de obra.
e) IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE.
Os proxectos deberán incorporar paneis fotovoltaicos e inversor.
2. Non son subvencionables:
a) Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral.
b) Os gastos anteriores á presentación da solicitude
c) Equipamento e materiais de segunda man.
d) As obras de mantemento e os gastos de alugamento.
e) As taxas e licenzas administrativas.
Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles que, de maneira indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable.
Artigo 6. Contía da axuda
1. O custo elixible máximo establécese como o sumatorio de dous compoñentes:
|
Potencia pico en paneis (kWp)* |
€/kWp (sen IVE) |
|
P<= 3 kWp |
1.950 |
|
3 <P<= 6 kWp |
2.400-150* P |
|
6 <P<20 kWp |
1.680-30* P |
|
P >= 20 kWp |
1.140-3* P |
* kWp: Kilovatio pico
Adicionalmente á táboa anterior, se o proxecto leva sistema de acumulación consideraranse uns custos sen IVE de 750 €/kWh de capacidade de acumulación. As baterías de chumbo-ácido non serán elixibles. De non incorporar o proxecto baterías, este sumando sería cero.
Para efectos do cálculo da axuda final, non se considerará un custo elixible máximo en baterías por capacidade de acumulación (€/kWh) superior aos custos elixibles máximos da táboa da instalación solar da potencia pico en paneis (€/kWp).
2. A intensidade da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación, tendo en conta o seu orzamento e os custos elixibles recollidos nestas bases reguladoras.
Na procura de instalacións de potencia racional, establécese unha axuda máxima por vivenda de 4.000 euros. No caso de que o proxecto solicitado inclúa baterías de potencia igual ou superior a 4 kWh, incrementarase en 2.000 euros.
A contía máxima por proxecto multivivenda será de 25.000 euros.
En ningún caso serán subvencionables as ampliacións das instalacións fotovoltaicas asociadas á subministración eléctrica das vivendas que xa foron obxecto de axuda por parte do Inega en anos anteriores.
Artigo 7. Compatibilidade das subvencións
As subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras serán incompatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
Artigo 8. Información ás persoas interesadas
Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:
1. Na páxina web do Inega (www.inega.gal) e no correo electrónico inega.info@xunta.gal.
2. No teléfono 981 54 15 00.
Artigo 9. Procedemento de adhesión de entidades colaboradoras (código de procedemento IN421N)
1. Requisitos, condicións e solvencia.
a) Poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.
b) Será necesario que as entidades colaboradoras estean dadas de alta na Consellería de Economía e Industria para a xestión de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica como empresas con actividade de instalación de baixa tensión (código de procedemento IN609A).
c) As entidades colaboradoras actuarán en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión desta.
d) Na súa relación co Inega, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:
1º. Comprobación inicial dos requisitos dos solicitantes da axuda, e do conxunto da actuación.
2º. Realización ante o Inega dos trámites para solicitar a axuda.
3º. Desenvolvemento das accións vinculadas á convocatoria.
4º. Xustificación da axuda ante o Inega.
e) Para lograr a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección de entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así como a utilización de medios electrónicos nas comunicacións entre as entidades colaboradoras e o Inega. As características técnicas exixibles poderán consultarse na paxina web do Inega (www.inega.gal).
f) Poderán adquirir a condición de entidade colaboradora aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos neste artigo e que o soliciten no prazo establecido no artigo 4 da resolución pola que se aproban estas bases reguladoras.
g) De conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades colaboradoras deberán formalizar o convenio de colaboración entre elas e o Inega, no cal se regularán as condicións e obrigas asumidas por aquelas, cuxo modelo figura no anexo III destas bases. O dito convenio posuirá o contido mínimo previsto no artigo 13 da Lei de subvencións.
h) Non poderán obter a condición de entidade colaboradora aquelas en que concorra algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.
2. Formularios.
Apróbanse e incorpóranse o seguinte formulario e modelo de convenio de colaboración como anexos ás presentes bases reguladoras:
– Anexo II. Adhesión ao programa de axudas para proxectos de enerxía fotovoltaica, no sector residencial.
– Anexo III. Convenio de colaboración a subscribir coas entidades colaboradoras.
3. Obrigas e compromisos das entidades colaboradoras.
a) Son obrigas das entidades colaboradoras, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
1º. Encontrarse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda Pública do Estado, da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.
2º. Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.
3º. Cumprir cos criterios establecidos no convenio subscrito co Inega.
4º. Actuar en nome e por conta do Inega para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión das subvencións.
5º. Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda durante un período de 5 anos contados desde a data de pagamento da subvención.
6º. Remitir copia dixitalizada de dita documentación ao Inega.
7º. Deixar clara constancia nos seus rexistros contables e así facilitar a axeitada xustificación da subvención e a comprobación do cumprimento das condicións establecidas, de acordo co disposto no artigo 13.2.j) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) As entidades colaboradoras adheridas asumirán os seguintes compromisos:
1º. Comprobación inicial dos requisitos dos solicitantes da axuda, e do conxunto da actuación.
2º. Cubrir convenientemente os formularios de solicitude de axuda (anexo IV) e solicitude de pagamento (anexo VIII) a través da aplicación informática que se habilite para o efecto.
3º. Vender no marco da iniciativa só os equipamentos que cumpran coas condicións establecidas nas bases reguladoras das axudas.
4º. Cumprir coa normativa establecida para o desenvolvemento do convocatoria, en concreto, a autorización ou inscrición da instalación no rexistro correspondente da consellería competente en materia de industria.
5º. Exhibir nos seus centros de traballo ou punto de venta durante a vixencia da convocatoria de axudas para proxectos de enerxías fotovoltaica no sector residencial en ámbitos non urbanos un cartel de promoción deste en que se informe de que se trata dunha entidade colaboradora adherida conforme o modelo que se porá á disposición na páxina web do Inega.
4. Adhesión de entidades colaboradoras.
a) Adhesión simplificada.
1º. Esta forma de adhesión esta unicamente dirixida ás entidades colaboradoras adheridas ao convenio de xestión das axudas para a xestión de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial, en ámbitos non urbanos, reguladas na Resolución de 29 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 29, do 9 de febreiro) e que desexen adherirse aos procedementos de xestión das axudas para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial, en ámbitos non urbanos, para a anualidade 2025.
2º. A entidade colaboradora deberá acceder á aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) para cubrir a solicitude de adhesión (anexo II) e o convenio de colaboración (anexo III), xerándose un documento en formato pdf con estes dous anexos –o segundo por duplicado–.
Por defecto, a aplicación informática cubrirá os anexos cos datos dispoñibles da convocatoria de adhesión de entidades colaboradoras que participaran no procedemento de xestión das axudas para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial, en ámbitos non urbanos, da anualidade 2024.
Para acceder á aplicación informática e solicitar a adhesión simplificada, utilizara o usuario e a contrasinal outorgados polo Inega na convocatoria 2024.
Unha vez xerada a solicitude normalizada (anexo II) e o convenio de colaboración (anexo III), deberá presentalos por vía electrónica, de conformidade co establecido no artigo 4 da resolución.
3º. Se houber cambio na representación da entidade colaboradora, deberá volverse achegar a documentación solicitada con carácter xeral. Para todas as solicitudes simplificadas o Inega poderá proceder á comprobación de datos recollida na adhesión común que se regula a continuación. Se, como consecuencia destas comprobacións, procede solicitar a emenda de documentación, realizarase nos termos recollidos no citado procedemento de adhesión común.
b) Adhesión común (alta novas entidades colaboradoras).
1º. A primeira vez que a entidade colaboradora acceda á aplicación, asignarase un usuario e un contrasinal. Este usuario e contrasinal serán os válidos para consultar o estado da solicitude de adhesión, para cubrir as solicitudes de axuda e para ver o seu estado.
2º. A entidade colaboradora deberá acceder á aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) para cubrir a solicitude de adhesión (anexo II) e o convenio de colaboración (anexo III), xerarase un documento en formato pdf con estes dous anexos –o segundo por duplicado–.
Unha vez xerada a solicitude normalizada (anexo II), deberá presentala por vía electrónica de conformidade ao establecido no artigo 4 da resolución. As copias dos documentos dixitalizados gozarán da mesma validez e eficacia que os orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
A publicación dos formularios de solicitude no DOG farase unicamente para os efectos informativos.
3º. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
i. Recibo do imposto de actividades económicas (IAE) ou, de ser o caso, declaración responsable de exención de pagamento.
ii. Convenio de colaboración (anexo III) debidamente asinados pola entidade colaboradora.
Unha vez asinado polo Inega, a entidade colaboradora poderá acceder ao citado convenio no taboleiro.
iii. Documento acreditativo de poder suficiente do representante legal da entidade.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
4º. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se a entidade interesada presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola entidade interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5º. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola aplicación do Inega, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na aplicación do Inega.
c) Comprobación de datos.
1º. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
i. NIF da entidade solicitante.
ii. DNI/NIE da persoa solicitante.
iii. DNI/NIE da persoa representante.
iv. Certificado de estar ao día no pagamento coa AEAT.
v. Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
vi. Certificado de estar ao día no pagamento coa Facenda autonómica.
vii. Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.
2º. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3º. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
d) Todos os trámites administrativos que as entidades colaboradoras deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).
5. Órganos competentes.
A Xerencia do Inega será o órgano competente para a instrución do procedemento administrativo de adhesión de entidades colaboradoras, correspondéndolle á persoa titular da Dirección do Inega ditar as diferentes resolucións que deriven do dito procedemento.
6. Instrución do procedemento de adhesión.
1º. Unha vez presentada a solicitude de adhesión xunto coa documentación complementaria, o órgano instrutor comprobará que reúne todos os requisitos e que se achegan todos os documentos exixidos polas bases reguladoras. De conformidade coa normativa reguladora do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, requirirase a entidade colaboradora para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición e arquivarase o expediente.
Igual requirimento se efectuará por parte do Inega no suposto de resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT); Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS); consellería competente en materia de facenda.
2º. De conformidade co establecido no artigo 9.1.e) destas bases reguladoras, en canto á solvencia técnica das entidades colaboradoras, utilizaranse medios electrónicos para as notificacións.
7. Resolución.
O prazo máximo para que a Dirección do Inega resolva sobre as adhesións das entidades colaboradoras é de 15 días hábiles desde a presentación da solicitude. Pasado o devandito prazo, as entidades colaboradoras poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo. A resolución ditarase individualmente para cada unha das solicitudes, e notificarase seguindo estritamente a súa orde de presentación, salvo que se deba emendar, momento en que se terá en conta a data de presentación da emenda.
Aqueles expedientes que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán adheridos a este programa.
8. Notificación das resolucións.
a) As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
b) De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás entidades colaboradoras avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude de adhesión. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
c) De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.
d) As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen 10 días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
e) Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo.
f) As entidades colaboradoras poderán consultar na aplicación informática e na Carpeta cidadá-A miña sede, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal), o estado das súas solicitudes a medida que avanza a tramitación administrativa do expediente e a documentación presentada.
9. Publicación da listaxe de entidades colaboradoras adheridas.
O Inega publicará na súa páxina web a listaxe de entidades colaboradoras adheridas a medida que resolva o proceso de adhesión. A listaxe actualizarase periodicamente coas novas entidades colaboradoras solicitantes que, tras o requirimento de emenda, completen a documentación necesaria para formalizar a adhesión.
As entidades colaboradoras non serán publicitadas na páxina web do Inega nin poderán tramitar solicitudes de axuda ata que completen o proceso de adhesión, aínda que eventualmente xa comezase o prazo establecido no artigo 4.4 da resolución da convocatoria.
Artigo 10. Obrigas das persoas beneficiarias
Son obrigas das persoas beneficiarias, sen prexuízo das demais obrigas que figuran no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
1. Proporcionarlle á entidade colaboradora todos os documentos necesarios para poder tramitar as axudas establecidas nestas bases, así como acreditar os requisitos ou condicións que determinen a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente, o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.
2. Facilitarlle á entidade colaboradora seleccionada as outras dúas ofertas que, necesariamente, teñen que acompañar a solicitude de axuda.
As ofertas presentadas teñen que ser sempre con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben. As ofertas presentadas para cada gasto non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.
3. Acreditar ante a entidade colaboradora, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social.
4. Realizar o pagamento das facturas emitidas pola entidade colaboradora antes da data en que deban presentarse ante o Inega. Este pagamento debe estar debidamente documentado mediante xustificante bancario ou efectos mercantís, tal e como se establece no artigo 29 destas bases.
5. Cando non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención. A renuncia tramitarase a través da entidade colaboradora.
6. Manter o investimento de que se trate para a finalidade e co carácter solicitado por un período mínimo de 5 anos, contados desde o último día de pagamento ao beneficiario (artigo 65 (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021 (RDC).
No caso de que o solicitante sexa un arrendatario, debera figurar no contrato de arrendamento un prazo en que reste, cando menos, ese prazo de vixencia.
7. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, que poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
8. Comunicarlle ao Inega, a través da entidade colaboradora, a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza, e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos.
9. As persoas interesadas deberán facilitar toda a información que lle sexa requirida polo órgano competente do Inega, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. A maiores, ao tratarse de axudas cofinanciadas cos fondos do Feader, deberán someterse aos específicos controis administrativos sobre o terreo e a posteriori, segundo o recollido no Regulamento de execución (UE) 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia, e o Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.
Ademais, deberán proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades, de conformidade co disposto no artigo 123 do Regulamento (UE) nº 2021/2115, do 2 de decembro de 2021.
De conformidade co Regulamento (UE) 2021/2116, toda persoa ou entidade que reciba fondos da Unión debe cooperar na protección dos intereses financeiros desta.
10. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
11. Comprometerse a non producir ningún efecto ambiental negativo como consecuencia do investimento. No caso de que o investimento poida ter efectos negativos sobre o ambiente, soamente será subvencionable se foi sometida a un proceso de avaliación ambiental con resultado favorable, de acordo coa lexislación aplicable. Para tal efecto, a persoa beneficiaria asinará unha declaración responsable.
12. En cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e conforme o disposto no Regulamento de execución (UE) 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, anexos II e III e na Instrución ARX PEPAC 01/2023 información, publicidade e visibilidade, a persoa beneficiaria das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader. Así, no caso de promoción ou difusión pública que as persoas beneficiarias realicen da actuación subvencionada por calquera soporte, deberá constar o apoio do Feader mostrando:
1º. O emblema da Unión.
2º. Unha referencia á axuda do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.
3º. O logotipo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
4º. O símbolo e logotipo da Xunta de Galicia e do Inega.
13. De conformidade co artigo 99 do Regulamento (UE) 2021/2116, infórmase ás persoas beneficiarias da publicación dos datos que lles concirnen e na lista de operacións seleccionadas para recibir axuda do Feader segundo o previsto no artigo 49 do Regulamento 2021/1060 e de que os ditos datos poderán ser tratados por organismos de auditoría e investigación da Unión e dos Estados membros para protexer os intereses financeiros da Unión.
14. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.
Artigo 11. Forma e prazo de presentación de solicitudes (código de procedemento IN421O)
1. As entidades colaboradoras adheridas son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e a documentación complementaria). O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 31 de outubro ás 9.00 horas (inicio do período subvencionable) e rematará o 1 de decembro de 2025 ás 23.59 horas.
Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas a esta convocatoria de axudas.
2. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
A aplicación solicitará a inclusión da documentación necesaria e xerará a solicitude da persoa beneficiaria.
3. A entidade colaboradora presentará electronicamente, desde a aplicación, a solicitude de axuda unha vez asinada polo representante, mediante o formulario normalizado accesible desde a citada aplicación informática e que se xunta como anexo IV. Unha vez presentada a solicitude, non se poderá modificar o proxecto ata que recaia resolución de concesión.
Previamente a presentar a solicitude, a aplicación permitirá imprimir o documento de representación conforme ao anexo V, que deberá ser asinado polo solicitante e pola persoa autorizada para a representación, dixitalizado, e xuntarse á solicitude de axuda.
4. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.
Artigo 12. Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo IV) a seguinte documentación obrigatoria:
a) Documentación administrativa:
i. Autorización para a representación segundo o anexo V.
ii. Para acreditar a titularidade ou dispoñibilidade dos terreos admitiranse os seguintes documentos: titulo de propiedade ou contrato de arrendamento ou cesión de uso, acompañado de documento que acredite a titularidade do arrendador ou cedente.
Tamén se admitirá certificado catastral ou recibo de pagamento do IBI acompañado, en ambos os dous casos, de declaración responsable (asinada polo solicitante da axuda) de que os datos contidos no certificado ou no recibo non sufriron variación.
iii. No suposto de que o solicitante sexa unha agrupación de persoas físicas, privadas sen personalidade, o representante deberá asinar a solicitude, e a entidade colaboradora achegará a seguinte documentación:
1º. Documentación que acredite a súa constitución.
2º. Documentación que acredite a representación con que se actúa.
3º. Documento en que consten os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes, así como o importe de subvención que vai aplicar cada un deles, que terán, igualmente, a condición de persoas beneficiarias, mediante a presentación do anexo VI, que se xunta a título informativo. Este anexo deberá formalizarse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).
iv. No caso de que unha comunidade de veciños sexa a solicitante, de conformidade co artigo 13.3 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, o presidente desempeñará a representación da comunidade neste procedemento e será a persoa asinante da documentación, e deberá presentarse:
1º. Acta de constitución da comunidade de propietarios coa relación dos propietarios e a determinación da cota de participación respectiva.
2º. Certificación do acordo adoptado pola maioría legalmente establecida pola correspondente comunidade de propietarios aceptando as bases da convocatoria, comprometéndose á execución das respectivas obras e facultando o presidente ou administrador de predios para formular a solicitude de subvención.
3º. Acta onde conste o nomeamento do presidente ou certificado expedido polo secretario da comunidade referente a este aspecto, ou certificación do administrador de predios que xestione a comunidade.
4º. Documento en que consten os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes, así como o importe de subvención que vai aplicar cada un deles, que terán, igualmente, a condición de persoas beneficiarias mediante a presentación do anexo VI, que se xunta a título informativo. Este anexo deberá formalizarse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).
v. No caso de que unha sociedade ou entidade patrimonial, segundo se define no artigo 5.2 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades, sexa a solicitante, deberase presentar:
1º. Escritura de constitución da sociedade e documentación xustificativa do seu carácter de entidade patrimonial, para os efectos do artigo 5.2 da citada lei, coa relación dos socios e a determinación da cota de participación respectiva e escritura en que se outorguen os poderes de representación da sociedade, no caso de que non o faga a escritura de constitución ou que a representación orixinal sufrise algunha variación.
2º. Certificación do acordo adoptado polos socios, segundo establezan os estatutos da sociedade, aceptando as bases da convocatoria, comprometéndose á execución das respectivas obras e facultando o representante da sociedade para formular a solicitude de subvención.
3º. Documento en que consten os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes, así como o importe de subvención que lle vai a aplicar cada un deles, que terá, igualmente, a condición de persoa beneficiaria mediante a presentación do anexo VI, que se xunta a título informativo. Este anexo deberase formalizar a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).
vi. Presentación das tres ofertas da instalación que se pretende levar a cabo. A entidade adherida, a que corresponde a oferta seleccionada, presentará, xunto co resto da documentación complementaria, as tres ofertas da instalación que se pretende levar a cabo.
A elección dunha das ofertas fundamentarase sempre en criterios de aforro. Ademais, será necesario achegar como xustificación unha memoria cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa, que terá que incluír unha comparación das especificacións técnicas dos elementos ofertados e o motivo da elección.
As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir cos seguintes requisitos:
1º. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións.
Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante. Para estes efectos, considérase que existe vinculación entre empresas se responden á definición de «empresas asociadas» ou de «empresas vinculadas» establecida nos puntos 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
2º. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o DNI/NIF/NIE, nome ou razón social (no caso de sociedades patrimoniais) e enderezo do solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada, deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe; no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo, así como características técnicas, e no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.
Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que parezan de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).
3º. Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado en que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.
b) Memoria técnica da actuación, asinada por un técnico competente, que incluirá, como mínimo:
i. Plano de situación onde se indique a localización dos equipamentos. Fotografía xeorreferenciada do lugar onde se vai executar o proxecto. Fotografía de vista aérea en que se indique de forma apreciable a edificación onde se executará a instalación (Sixpac, Catastro, etc.). Esbozos ou planos en que se localicen os equipamentos na edificación, especificando o sistema de integración dos paneis.
ii. Folla de características dos paneis solares.
iii. Descrición da instalación proxectada segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal) e unha memoria técnica en que se describirán, de forma detallada, os sistemas do equipamento xerador e do resto dos compoñentes principais da instalación, especificando o sistema de conexión.
iv. Última factura do consumo eléctrico e xustificación da enerxía eléctrica anual consumida na vivenda.
c) Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente achegar para a correcta avaliación do proxecto.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola aplicación do Inega, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na aplicación do Inega.
5. As persoas interesadas poderán consultar na aplicación informática e na Carpeta cidadá-A miña sede, accesibles desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) o estado das súas solicitudes a medida que avanza a tramitación administrativa do expediente e a documentación presentada.
Artigo 13. Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Certificacións de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
b) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia.
d) DNI/NIE da persoa solicitante.
e) NIF da entidade solicitante
f) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.
g) Concesión de subvencións e axudas e concesión de axudas de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Artigo 14. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar, tras a presentación da solicitude, deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).
Artigo 15. Transparencia e bo goberno
1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.
Artigo 16. Publicidade
1. O Inega publicará as subvencións concedidas ao abeiro destas bases na súa páxina web oficial (www.inega.gal) e no Diario Oficial de Galicia expresando a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude levará implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade. A publicidade no Diario Oficial de Galicia realizarase no prazo máximo de 3 meses contados desde a data de resolución das concesións, non obstante, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web do Inega.
2. En cumprimento do artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación de acordo co establecido no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas.
3. Son obrigas dos beneficiarios en materia de información e publicidade as recollidas no anexo II e III do Regulamento de execución (UE) 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen normas para os tipos de intervención relativos ás sementes oleaxinosas, o algodón e os subprodutos da vinificación en virtude do Regulamento (UE) 2021/2015 do Parlamento Europeo e do Consello, así como para os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC, e na instrución ARX PEPAC 01/2023 de información, publicidade e visibilidade.
4. Os datos dos beneficiarios das axudas serán publicados de conformidade co artigo 98 do Regulamento (UE) 2021/2116 e os ditos datos poderán ser tratados por organismos de auditoría e investigación da Unión e dos Estados membros para protexer os intereses financeiros da Unión.
Artigo 17. Órganos competentes
A Xerencia do Inega será o órgano competente para a instrución do procedemento administrativo de concesión das subvencións, e corresponde ao director do Inega ditar as diferentes resolucións que deriven do dito procedemento.
Artigo 18. Instrución do procedemento de concesión das axudas
1. A solicitude de axuda será avaliada polos servizos do órgano instrutor do Inega en función dos datos relativos ao solicitante e ao proxecto declarados na solicitude de axuda e na documentación complementaria presentada.
Se a solicitude non reúne algunha da documentación ou información previstas nas bases, requirirase a entidade colaboradora para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos; coa advertencia expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición e arquivarase o expediente.
Igual requirimento se efectuará no suposto de resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT); Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS); consellería competente en materia de facenda.
2. Sen prexuízo do establecido no punto anterior, poderá requirirse a entidade colaboradora para que achegue aqueles datos, documentos complementarios ou aclaracións que resulten necesarios na tramitación e resolución do procedemento.
Artigo 19. Comisión de Valoración
1. A Comisión de Valoración será o órgano colexiado encargado de avaliar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte, así como de propoñer a concesión ou, se é o caso, a denegación das subvencións aos interesados. A composición da Comisión de Valoración será a seguinte:
a) A persoa que desempeña a xefatura do Departamento de Enerxía do Inega.
b) A persoa que desempeña a xefatura da Área de Enerxías Renovables do Inega.
c) Un técnico do Inega.
2. No documento co resultado da avaliación que elabore a Comisión figurarán de xeito individualizado os solicitantes propostos para obter a subvención, especificándose a puntuación que lles corresponde, así como o importe da subvención para cada un deles, ata esgotar o crédito dispoñible.
Non serán subvencionables os proxectos que acaden unha puntuación inferior a 30 puntos por considerarse que non cumpran suficientemente a finalidade da convocatoria.
3. De ser o caso, este documento contará cunha relación dos proxectos admitidos que non acadaron a subvención polo esgotamento do orzamento dispoñible, que conformarán a lista de espera. O órgano xestor poderá acordar activar a lista de espera no suposto de que algunha persoa beneficiaria renuncie á subvención concedida ou decaia no dereito á súa percepción; neste caso, os créditos liberados poderán asignarse por orde decrecente de puntuación aos proxectos admitidos que non obtivesen subvención por esgotamento do crédito previsto.
Artigo 20. Criterios de valoración
1. Características técnicas (ata 50 puntos).
a) Paneis fotovoltaicos (máximo 45 puntos).
Nesta epígrafe avaliaranse as características técnicas do principal compoñente da instalación panel fotovoltaico en función da tecnoloxía do panel fotovoltaico segundo os seguintes criterios de puntuación.
|
Tipo de módulo fotovoltaico |
Puntuación |
|
Paneis fotovoltaicos con rendementos de panel superior ao 24 % |
45 |
|
Silicio monocristalino |
35 |
|
Silicio policristalino |
25 |
|
Silicio amorfo e resto de paneis |
5 |
b) Integración arquitectónica dos paneis (ata 5 puntos).
|
Tipoloxía |
Puntuación |
|
Superposición na cuberta coa mesma inclinación (coplanar) |
5 |
|
Marquesiña |
2,5 |
|
Outros |
0 |
2. Grao de utilización da instalación segundo o uso e a demanda (ata 30 puntos).
a) Grao de autoconsumo (ata 20 puntos).
Valoraranse aquelas instalacións cun maior grao de autoconsumo e aproveitamento da enerxía renovable xerada en función do cumprimento dos seguintes 4 ítems:
i. Relación entre a potencia contratada e a potencia da instalación fotovoltaica.
Potencia contratada (*) >= Potencia pico da instalación
(*) Valor máximo contratado nos períodos tarifarios.
ii. Relación entre a enerxía anual xerada fronte á enerxía consumida.
Consumo eléctrico >= 1.500 * Potencia pico (kWp)
iii. Modalidade de autoconsumo con excedentes.
iv. A instalación incorpora baterías para almacenamento.
A partir do cumprimento dos 4 ítems citados, establécense tres rangos de autoconsumo con distinta puntuación:
– Rango de autoconsumo alto: cumprimento de 3 ou 4 ítems (20 puntos).
– Rango de autoconsumo medio: cumprimento de 2 ítems (10 puntos).
– Rango de autoconsumo baixo: cumprimento de 1 ou ningún ítem (0 puntos).
b) Ratio investimento/potencia pico da instalación (ata 10 puntos).
Avaliarase en relación coas ratios de investimento máximo elixible por potencia do proxecto segundo bases. Outórgase 0 puntos aos proxectos cuxa ratio investimento/potencia supere un 120 % do custo máximo elixible que lle corresponde polas súas características e a puntuación máxima para aqueles cuxa ratio sexa inferior ao 80 % do custo máximo elixible. O resto dos proxectos puntuaranse proporcionalmente.
3. Localización xeográfica (ata 20 puntos).
a) Renda por habitante (10 puntos).
Valoraranse os proxectos que se desenvolvan en zonas economicamente menos favorecidas utilizando os datos mais recentes dispoñibles polo IGE da renda dispoñible bruta por habitante dos municipios galegos. En concreto, utilizaranse os datos correspondentes ao último ano publicado, que se poden descargar da web do Instituto Galego de Estatística no enderezo www.ige.eu na sección Economía/Sistema Contas/Renda dos fogares municipais en formato excel.
Outórganse 0 puntos aos proxectos situados no concello que teña a máxima renda dispoñible bruta por habitante de Galicia, e a puntuación máxima ao de menor. O resto dos proxectos puntuaranse proporcionalmente.
b) Concello cumpre criterios de reto demográfico (10 puntos).
Para os efectos desta convocatoria, defínense os concellos de reto demográfico como aqueles concellos de hasta 5.000 habitantes e os concellos non urbanos de hasta 20.000 habitantes en que todas as súas entidades singulares de poboación sexan de hasta 5.000 habitantes.
As fontes oficias para a determinación das cifras de habitantes e do carácter «non urbano» dos concellos de reto demográfico serán as publicacións do INE e do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.
O Inega publicará na súa web a lista de concellos que cumpren os criterios de reto demográfico.
A puntuación por este criterio será a seguinte:
1. Concello cumpre criterios de reto demográfico 10 puntos.
2. Concello non cumpre criterios de reto demográfico 0 puntos.
Tendo en conta os criterios de puntuación anteriores, a puntuación máxima do proxecto será de 100 puntos.
Os empates que, de ser o caso, se produzan dirimiranse aplicando os criterios na orde que a seguir se expón:
1. Maior puntuación obtida na epígrafe «Características técnicas».
2. Maior puntuación obtida na epígrafe «Grao de utilización».
3. Maior puntuación obtida na epígrafe «Localización xeográfica».
Artigo 21. Resolución
1. Elaborada a proposta de resolución prevista no artigo 19.2 destas bases, esta será elevada ao director do Inega. O procedemento de concesión resolverase no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución e axustarase ao disposto no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación da persoa ou persoas beneficiaria/s, o custo elixible e a contía da subvención.
Na resolución denegatoria da axuda farase constar o motivo da denegación.
3. No suposto de ampliación do crédito e ata o límite do crédito dispoñible, concederase, sen necesidade dunha nova convocatoria, a subvención ao solicitante ou solicitantes seguintes na orde de prelación.
4. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de 4 meses, contados desde a data de presentación da solicitude ou, de ser o caso, da súa emenda.
Se transcorre o prazo sen que recaia resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 22. Notificación
1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás entidades colaboradoras avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as entidades colaboradoras deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.
4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen 10 días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
6. Os interesados poderán consultar na aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e na Carpeta cidadá-A miña sede o estado das súas solicitudes a medida que avanza a tramitación administrativa do expediente e a documentación presentada.
Artigo 23. Réxime de recursos
Contra as resolucións ditadas ao abeiro destas bases poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:
1. Recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produzan os efectos do silencio administrativo, perante a presidenta da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
2. Contra as resolucións de reintegro, recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produzan os efectos do silencio administrativo, perante o director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Artigo 24. Modificación da resolución
1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
2. Cando por circunstancias técnicas sexa imprescindible variar o contido específico dos investimentos recollidos no proxecto inicial, a entidade colaboradora debe notificarllo ao órgano competente para a concesión da subvención, debendo cumprirse os requisitos previstos no punto seguinte.
3. O órgano competente para a concesión da subvención poderá autorizar a modificación da resolución por instancia da persoa beneficiaria respectando os seguintes requisitos:
a) Que a modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das normas ou bases reguladoras.
b) Que se acredite a inexistencia de prexuízos a terceiros.
c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non suporían a denegación da axuda.
4. As modificacións de proxectos que non se comuniquen con anterioridade á xustificación do investimento, ou aquelas que, de xeito previo, non acheguen a documentación necesaria para a súa valoración, tramitaranse conxuntamente coa documentación xustificativa do investimento, utilizando o requirimento de emenda de xustificación para completar o expediente. Poderán formalizarse a aceptación da modificación do proxecto e a xustificación deste mediante a resolución de pagamento sempre e cando a modificación do proxecto respecte os requisitos establecidos no punto 3 deste artigo e se achegue toda a documentación da solicitude modificada.
5. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación do proxecto, que poderá ou non afectar os termos da resolución de concesión, será ditado pola Dirección do Inega logo da instrución do correspondente expediente no cal se lle dará audiencia aos interesados.
Artigo 25. Aceptación e renuncia
No caso de que a persoa beneficiaria dunha subvención desexe renunciar á axuda concedida para a súa solicitude, deberá comunicarllo ao Inega, a través da entidade colaboradora (anexo VII).
No caso de que se comunicase a renuncia, ditarase a correspondente resolución que se notificará, de conformidade co procedemento establecido no artigo 22 destas bases reguladoras.
Artigo 26. Subcontratación
Permitirase que a persoa beneficiaria subcontrate con terceiros a execución de ata o 100 % da actuación que se subvenciona nos termos recollidos no artigo 27 e concordantes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 27. Prazo para a execución da instalación
A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 30 de setembro de 2026.
Dentro da data limite de execución deberá presentarse a solicitude de pagamento (anexo VIII) e a documentación xustificativa do investimento.
Artigo 28. Xustificación da subvención
1. A documentación correspondente á xustificación do investimento realizado presentaraa a entidade colaboradora de forma electrónica a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal) de conformidade co disposto no artigo 14.
2. Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polas persoas beneficiarias, porao no seu coñecemento e concederalle un prazo de 10 días para a súa corrección. Os requirimentos de emenda serán notificados tal e como se establece no artigo 22 destas bases reguladoras.
Igual requirimento se efectuará por parte do Inega no suposto de resultado negativo da consulta cos seguintes organismos: Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Consellería de Facenda e Administración Pública, así como a verificación do DNI do solicitante (persoa física).
3. No suposto de que transcorrese o prazo establecido para a xustificación sen terse presentado documentación ningunha, requirirase igualmente a entidade colaboradora para que, no prazo improrrogable de 10 días hábiles, a presente.
A presentación da xustificación no prazo adicional de 10 días non eximirá das sancións que, conforme a lei, correspondan.
Artigo 29. Documentación xustificativa da subvención
1. Para o cobramento pola persoa beneficiaria da subvención concedida a entidade colaboradora deberá xustificar, previamente, o investimento que lle supuxo executar o proxecto ou actuación subvencionada. Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados na data límite de xustificación do proxecto.
2. A entidade colaboradora deberá presentar toda a documentación que se sinala neste artigo e solicitar o pagamento mediante a presentación do anexo VIII, que se xunta a título informativo. Este anexo deberá estar accesible través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).
3. Documentación xustificativa que se ten que presentar xunto coa solicitude de pagamento:
a) Para xustificar cada un dos gastos realizados achegaranse as facturas, nas cales figurará o importe total para pagar, e os documentos xustificativos que aseguren a efectividade do pagamento da totalidade do equipamento polo solicitante.
1º. A factura deberá reflectir con claridade os seguintes datos:
– Data de emisión.
– Nome e NIF/NIE da persoa beneficiaria.
– Enderezo onde se realiza a obra.
– Descrición detallada da totalidade do equipamento instalado de acordo coa solicitude.
– Base impoñible, IVE, total da base impoñible máis IVE.
Non se admiten as facturas que non cumpran co indicado ou que se manipulen.
A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se regulan as obrigas de facturación.
2º. Considéranse documentos xustificativos do pagamento das facturas os seguintes:
i. Xustificante bancario (transferencia bancaria, certificación bancaria, xustificante bancario de ingreso efectivo polo portelo), no cal conste: o titular da conta desde a que se realiza a operación ou persoa que realiza o ingreso efectivo, que debe coincidir en todo caso coa persoa beneficiaria da subvención, receptor do pagamento (empresa ou autónomo) e número da factura obxecto de pagamento.
ii. Efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, nota promisoria, letra de cambio): achegarase copia do efecto mercantil acompañada da documentación bancaria (extracto da conta da persoa beneficiaria, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o efecto foi efectivamente cargado na conta da persoa beneficiaria dentro do prazo de xustificación.
No caso de que non quede acreditado o concepto do gasto, deberá achegar, ademais, xustificante de recepción asinado e selado polo provedor en que se especifique o número de factura pagada, número e data do cheque e NIF e nome da persoa receptora do cobramento.
Tanto no caso do cheque nominativo como de obriga de pagamento, para os efectos de data de pagamento, estimarase a data de cargo na conta do extracto bancario. En ningún caso se estimará como data de pagamento efectivo a entrega do cheque ao provedor.
3º. Non se admitirán os supostos de autofacturación (factura emitida pola propia persoa beneficiaria da subvención).
4º. A data dos xustificantes de gasto e do pagamento debe ser posterior á data de solicitude de axuda e terá como límite para a súa validez e admisión o último día do prazo de xustificación previsto no artigo 27.
5º. En ningún caso poderá concertar a persoa beneficiaria a execución total ou parcial das actividades subvencionadas nos supostos recollidos nas letras a), b) e c) do artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6º. Non se admitirán como xustificantes os documentos acreditativos de pagamento en metálico nin os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.
7º. No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura á cal se imputa o pagamento.
8º. No caso de que as persoas beneficiarias da axuda se acollan á cesión do dereito de cobramento, establecido no punto 1 do artigo 83 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, considerase efectivamente pagado o gasto coa cesión do dereito de cobramento da subvención a favor dos cesionarios.
b) Informe técnico da actuación realizada, segundo o modelo dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.gal). De existir modificacións no proxecto, deberase indicar no informe técnico da actuación realizada e achegar a documentación técnica presentada coa solicitude que se vexa afectada polas modificacións.
c) Fotografías xeorreferenciadas dos principais equipamentos instalados, que incluirán as das súas placas de características.
d) Declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas para as mesmas actuacións subvencionadas, tanto as aprobadas e concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais (anexo IX).
e) Certificado asinado polo técnico instalador en que se indique a data de finalización da instalación que se subvenciona. Lémbrase que a data de finalización da obra debe estar comprendida dentro do período de xustificación.
Naqueles proxectos con potencia superior a 10 kW deberá achegarse o certificado de dirección de obra asinado polo técnico.
Naquelas instalacións que requiran a súa inscrición no rexistro da consellería competente en materia de industria, a persoa beneficiaria deberá achegar o xustificante de solicitude de inscrición da instalación nese rexistro. Nese xustificante deberán figurar as características técnicas e o correspondente código de acceso ao referido rexistro, para ter a posibilidade de verificación, no caso de que fose necesario.
f) Memoria de xustificación da publicidade de fondos Feader, segundo o modelo dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.gal).
Artigo 30. Pagamento das axudas
1. Os órganos competentes do Inega poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que a persoa beneficiaria os presentase, poderase entender que renuncia á subvención.
2. No caso de que o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que isto non supoña unha realización deficiente do proxecto, a contía da subvención poderá reducirse proporcionalmente se debido á redución do investimento se superan as porcentaxes máximas de subvención.
3. Previamente á proposta de pagamento, e sempre que se trate de subvencións de capital cun importe superior a 60.000 euros, os servizos técnicos do Inega realizarán unha inspección de comprobación material en que certifiquen que se realizou o investimento que foi obxecto da axuda e que tal investimento coincide co previsto na resolución de concesión.
Artigo 31. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas
1. Nesta materia serán aplicables a Lei 30/2022, do 23 de decembro, que establece o marco para a xestión do sistema da política agrícola común (PAC) en España para o período 2023-2027 e o Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.
2. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar a devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.
3. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o número anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. Incumprimento dos proxectos:
a) Incumprimento total. Se se xustifican conceptos, partidas e/ou elementos subvencionables aprobados que representen menos do 60 % do importe total do investimento subvencionable, entenderase que non acadou os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, determinará a perda do dereito ao cobramento da subvención concedida.
b) Incumprimento parcial. Sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, poderá apreciarse un incumprimento parcial, debendo resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:
i. No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables, debendo, se é o caso, reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. En particular, unha execución por baixo do 60 % da base subvencionable aprobada considerarase un incumprimento total.
ii. Non manter a publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 10.12 destas bases suporá o reintegro dun máximo do 3 % da subvención concedida.
iii. No período de mantemento dos investimentos, procederá a incoación dun procedemento de reintegro no suposto de non manter os investimentos obxecto da subvención durante o período establecido, o que suporá o reintegro da subvención correspondente ao activo non mantido, de forma proporcional ao período en que se incumprise este requisito.
5. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:
a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.
b) Non xustificar ante o Inega o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o goce da subvención.
c) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación e/ou control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, ás auditorías do organismo de auditoría do programa operativo ou das distintas instancias comunitarias de control sobre los fondos europeos, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de 5 anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria.
d) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.
e) Non comunicar ao Inega a obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas.
f) Non comunicar ao Inega a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.
g) Non manter un sistema de contabilidade separado ou código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co fondo Feader.
h) Non dar publicidade ao financiamento do proxecto nos termos exixidos no artigo 10.12 destas bases reguladoras.
6. No caso de condicións que constitúan obrigas que a persoa beneficiaria debe acreditar a través da entidade de colaboración en fase de xustificación (obrigas de publicidade, comunicación doutras axudas, etc.), estas deberán xustificarse en todo caso para poder proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto só resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso en que se detecte en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo a esas obrigas.
Artigo 32. Réxime de sancións
Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases aplicaráselles o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regula o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas.
Artigo 33. Fiscalización e control
1. As persoas beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de comprobación e/ou control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario ás auditorías do organismo de auditoría do programa operativo ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de 5 anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento ao beneficiario.
2. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto neste enderezo:
https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx
Artigo 34. Comprobación de subvencións
1. O órgano competente para conceder a subvención comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o gozo da subvención. O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes de gastos será de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que o Inega efectúe o último pagamento ao beneficiario.
2. Para todo o non previsto no punto anterior, será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos artigos 57 e seguintes do seu regulamento.
Artigo 35. Remisión normativa
1. As subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras rexeranse, entre outras, polas seguintes normas:
a) Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC). Financiada con cargo ao Fondo Europeo de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013.
b) Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013.
c) Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos).
d) Regulamento delegado (UE) 2022/127 da Comisión, do 7 de decembro de 2021, que completa o Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, con normas relativas aos organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, as garantías e o uso do euro.
e) Regulamento de execución (UE) 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia.
f) Regulamento de execución (UE) 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen normas para os tipos de intervención relativos ás sementes oleaxinosas, ao algodón e aos subprodutos da vinificación en virtude do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, así como para os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC.
g) Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.
h) Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regula o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas.
i) Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.
j) Circular de coordinación 37/2023 relativa ao Plan nacional de controis das Intervencións de desenvolvemento rural non establecidas no ámbito do sistema integrado do período 2023/2027 incluídas no Plan estratéxico da política agrícola común (https://www.mapa.gob.es/es/pac/pac-2023-2027).
k) Instrución ARX PEPAC 01/2023 información, publicidade e visibilidade (https://www.mapa.gob.es/es/pac/pac-2023-2027).
2. Así mesmo, rexeranse pola normativa aplicable ás axudas e subvencións na Comunidade Autónoma, en particular a seguinte:
a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
e) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
f) Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
g) Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L, do 15 de decembro).
