O que subscribe, Isidro Peleteiro García, en representación da Comunidade de Usuarios de Augas de Pedre, localizada na aldea de Pedre, parroquia de Santo Estevo de Pedre, concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), pola presente convoco á asemblea xeral a todos os usuarios de augas do núcleo de Pedre, co fin de constituírse en comunidade de usuarios segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a correspondente concesión administrativa, asemblea que terá lugar o 2 de novembro de 2025, ás 12.00 en primeira convocatoria e ás 12.30 en segunda convocatoria, no enderezo de Aldea Pedre, nº 125, coa seguinte orde do día:
1. Exame e aprobación dos estatutos da Comunidade de Usuarios de Augas de Pedre.
2. Rogos e preguntas.
Pedre, 18 de setembro de 2025
Isidro Peleteiro García
Representante da Comunidade de Usuarios de Augas de Pedre
