DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 2025 Páx. 53996

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas de Liñares

ANUNCIO da convocatoria para a segunda asemblea xeral da constitución da Comunidade.

Enrique Justo Garrido, veciño de Liñares, parroquia de Xesta (San Bartolomé), no concello da Lama (Pontevedra), por medio deste anuncio convoco á asemblea xeral a todos os usuarios de augas, co fin de constituírse en comunidade de usuarios, segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a correspondente concesión administrativa. A asemblea terá lugar o 1 de novembro de 2025, ás 19.00 horas, en primeira convocatoria, e ás 19.30 horas, en segunda convocatoria, na Casa do Pobo, nº 4, Liñares, coa seguinte orde do día:

1. Exame e aprobación dos estatutos da Comunidade de Usuarios de Augas de Liñares.

2. Rogos e preguntas.

Liñares, 23 de xuño de 2025

Enrique Justo Garrido
Representante da Comunidade de Usuarios de Augas de Liñares