DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 2025 Páx. 53995

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña

ANUNCIO da convocatoria e das bases do proceso selectivo para a cobertura de dúas (2) prazas de administrativo/a de recursos humanos (C1) e da formación dunha lista de espera.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 190, do 6 de outubro de 2025, publicáronse integramente as bases aprobadas mediante o Decreto de Presidencia núm. 412/2025, do 30 de setembro de 2025, relativas á convocatoria para a cobertura das seguintes prazas, por quenda libre, do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña:

– Dúas (2) prazas de administrativo/a de recursos humanos, grupo C, subgrupo C1, escala da Administración xeral, subescala administrativa.

O prazo de presentación será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando cumpra de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Carballo, 6 de outubro de 2025

Valentín González Formoso
Presidente do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña