DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 15 de outubro de 2025 Páx. 54111

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria de dúas prazas de enxeñeiro/a industrial, quenda libre (subgrupo A1), C.E. 9/23.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 93, do 19 de maio de 2025, publicáronse as bases aprobadas mediante a Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 8 de maio de 2025, modificadas mediante a Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 21 de xullo, publicadas no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 147, do 5 de agosto de 2025, relativas á seguinte convocatoria:

– 2 prazas de enxeñeiro/a industrial, quenda libre (subgrupo A1), C.E. 9/23.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 19 de setembro de 2025

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica