No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 58, do 26 de marzo de 2025, publicáronse as bases aprobadas mediante a Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 28 de febreiro de 2025, relativas á seguinte convocatoria:
– 1 praza de técnico/a de medio ambiente, quenda libre (subgrupo A1), C.E. 16/22.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.
A Coruña, 19 de setembro de 2025
A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica
