De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.
Ao non ser posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
|
Acto que se notifica |
Ref. catastral Polígono/Parcela |
Localización |
Interesado Persoa responsable |
|
Orde de execución (Exp. 1183-2025) Resolución de inicio O.E. do 12.9.2025 |
36043A019001450000JS (Polígono 19-Parcela 145) |
A Reigosa-Tourón Ponte Caldelas |
Maximino Martínez Tombo |
|
Orde de execución (Exp. 1185-2025) Resolución de inicio O.E. do 12.9.2025 |
36043A019001470000JU (Polígono 19-Parcela 147) |
A Reigosa-Tourón Ponte Caldelas |
Juan Piñeiro Regueira |
|
Orde de execución (Exp. 1955-2025) Resolución de inicio O.E. do 17.9.2025 |
36043A036010680000JO (Polígono 36-Parcela 1068) |
Covelo-A Ínsua Ponte Caldelas |
Francisco Fernández Hermida |
|
Orde de execución (Exp. 1958-2025) Resolución de inicio O.E. do 19.9.2025 |
36043A009004730000JZ (Polígono 9-Parcela 473) |
O Coto-Caritel Ponte Caldelas |
José Alberto Pérez Palleiro |
|
Orde de execución (Exp. 1517-2025) Resolución de inicio O.E. do 23.9.2025 |
36043A036008560000JQ (Polígono 36-Parcela 856) |
Rebordelo-A Ínsua Ponte Caldelas |
Rudesindo Peleteiro Durán |
En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto dispón dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopa á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.
Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.
Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa e repercutirán os custos ás persoas responsables.
Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Ponte Caldelas, 23 de setembro de 2025
Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente
