DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 15 de outubro de 2025 Páx. 54107

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello dos Blancos

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas de uso público.

Logo de aprobar definitivamente o seguinte Plan especial publícase para o seu xeral coñecemento e en cumprimento dos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 199 e 208 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro:

«Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para equipamento do centro de maiores nos Blancos, promovido por esta administración municipal, contando cos informes sectoriais emitidos pola Consellería de Ordenación do Territorio e Urbanismo, das consultas e do contido da declaración ambiental estratéxica.

Notificar o presente acordo aos interesados, e ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Remitirase, así mesmo, á consellería competente na materia de urbanismo da Xunta de Galicia, comunicación do acordo de aprobación definitiva, así como un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, do instrumento de planeamento aprobado definitivamente, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia».

Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello enderezo https://osblancos.sedelectronica.gal/

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo Común das Administracións Públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Os Blancos, 28 de setembro de 2021

Juan Manuel Castro Blanco
Alcalde presidente