De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante a Resolución desta universidade, do 29 de maio de 2025 (BOE do 12 de xuño), e presentada polas persoas propostas a documentación á cal fai referencia a base oitava da convocatoria.
Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo) e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberá efectuar no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo for inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
Vigo, 2 de outubro de 2025
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
|
Código: |
TU2405-T03-590-TU-TC-01 |
|
Corpo: |
Profesor/a titular de universidade |
|
Área de coñecemento: |
A0590 Máquinas e Motores Térmicos |
|
Departamento: |
D00T03 Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos |
|
Centro de traballo: |
312 Escola de Enxeñaría Industrial |
|
DNI: |
***1454** |
|
Nome e apelidos: |
Fernando Cerdeira Pérez |
|
Código: |
TU2405-T16-595-TU-TC-01 |
|
Corpo: |
Profesor/a titular de universidade |
|
Área de coñecemento: |
A0595 Matemática Aplicada |
|
Departamento: |
D00T16 Matemática Aplicada I |
|
Centro de traballo: |
312 Escola de Enxeñaría Industrial |
|
DNI: |
***8536** |
|
Nome e apelidos: |
María Teresa Sánchez Rúa |
|
Código: |
TU2405-T16-595-TU-TC-02 |
|
Corpo: |
Profesor/a titular de universidade |
|
Área de coñecemento: |
A0595 Matemática Aplicada |
|
Departamento: |
D00T16 Matemática Aplicada I |
|
Centro de traballo: |
312 Escola de Enxeñaría Industrial |
|
DNI: |
***8749** |
|
Nome e apelidos: |
Noelia Bazarra García |
|
Código: |
TU2405-X01-730-TU-TC-01 |
|
Corpo: |
Profesor/a titular de universidade |
|
Área de coñecemento: |
A0730 Psicoloxía Básica |
|
Departamento: |
D00X01 Análise e Intervención Psicosocioeducativa |
|
Centro de traballo: |
105 Facultade de Educación e Traballo Social |
|
DNI: |
***5809** |
|
Nome e apelidos: |
María José Vázquez Figueiredo |
|
Código: |
TU2405-X07-230-TU-TC-01 |
|
Corpo: |
Profesor/a titular de universidade |
|
Área de coñecemento: |
A0230 Economía Financeira e Contabilidade |
|
Departamento: |
D00X07 Economía Financeira e Contabilidade |
|
Centro de traballo: |
303 Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
|
DNI: |
***1072** |
|
Nome e apelidos: |
Andrea Martínez Salgueiro |
