DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 15 de outubro de 2025 Páx. 54082

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2025 pola que se nomea profesorado permanente laboral (PPL2401).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar o concurso de acceso convocados mediante a Resolución desta universidade do 6 de maio de 2025 (DOG do 15 de maio) e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria.

Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente sinatura do contrato polas persoas interesadas, que deberá realizarse no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 2 de outubro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código:

PPL2401-X04-625-PPL-TC-01

Corpo:

Profesor/a permanente laboral

Área de coñecemento:

A0625 Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación

Departamento:

D00X04 Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación

Centro de traballo:

105 Facultade de Educación e Traballo Social

DNI

***5568**

Nome e apelidos

Silvia Sierra Martínez