DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 2025 Páx. 54255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2025 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa das bateas Isleta II e Canabal I.

Antecedentes:

1. O día 2 de outubro de 2025, Juan José Gil Pena e Martín Gil Pena solicitaron autorización para a transmisión inter vivos das concesións administrativas das bateas Isleta II e Canabal I.

2. O día 7 de outubro de 2025, a persoa titular do Departamento Territorial da Consellería do Mar en Vigo acordou, de oficio, a acumulación dos expedientes mencionados.

3. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a súa tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos da concesión administrativa dos seguintes viveiros:

Tipo: batea.

Nome: Canabal I.

Situación:

Cuadrícula nº: 34.

Polígono: H.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 15.9.1966.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Martín Gil Pena (***3390**) e Juan José Gil Pena (***3390**).

Novo titular: Martín Gil Pena (***3390**).

Tipo: batea.

Nome: Isleta II.

Situación:

Cuadrícula nº: 46.

Polígono: H.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 29.2.1960.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Martín Gil Pena (***3390**) e Juan José Gil Pena (***3390**).

Novo titular: Juan José Gil Pena (***3390**).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Xustificante do pagamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados ou sobre sucesións e doazóns.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da Consellería.

Terceira. O novo titular das concesións queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da transmisión en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Vigo, 10 de outubro de 2025

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo