En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Rosa María Domínguez Roda, en representación da Comunidade de Usuarios Fontes.
Expediente: DH.A36.92653.
Volume total anual: 35.355,00 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 1,88 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: tres (3) mananciais.
– M1 en parc. 1, pol. 43 do Catastro de Baiona.
– M2 e M3 en parc. 1, pol. 44 do Catastro de Baiona.
Lugar: Fontes (A Groba).
Parroquia: Baíña.
Concello: Baiona.
Descrición:
A auga das tres captacións reúnese para conducila a un depósito de 130 m3, na parcela 109, pol. 35, do que parte a rede de distribución ás vivendas que abastece a Comunidade no lugar de Fontes (Baiona).
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, nº 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.
Vigo, 16 de abril de 2025
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica
de Galicia Sur
