En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: María Pérsida Reigosa Hermida.
CIF: ****6392*.
Expediente: DH.A27.109483.
Volume total anual: 438 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,014 l/s.
Orixe: manancial A Cabana. X= 610.362; Y= 4.809.852.
(Coordenadas UTM ETRS89, fuso 29).
Lugar: A Cabana.
Parroquia: A Balsa (Santa María).
Concello: Muras (Lugo).
Destino: uso gandeiro.
Lugar: A Balsa Pequena.
Parroquia: Vilapedre (San Mamede).
Concello: Vilalba (Lugo).
Descrición do aproveitamento:
Trátase dunha captación das sobrantes dun manancial que empozan na parcela 27033A092001880000FF, onde se recolle a auga nunha tubaxe de 25 mm de diámetro e se conduce ata as parcelas 27065D003000250000LO e 002100200PJ11A0000QI, onde se utilizan para usos gandeiros (bebedoiro e edificación destinada a cortello).
A condución de auga discorre polo camiño que linda coas parcelas 27033A09200186 e 27033A09200156, para despois cruzalo ata a parcela 27033A09200167 e atravesar as parcelas 27033A09200168 e 27065D00300025 ata chegar ás parcelas de uso.
Así mesmo, existe tamén un cruzamento sobre o río Eume.
A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º piso, 15008 A Coruña. Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 7 de xullo de 2025
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica
de Galicia Norte
